miniatura|A bandeira do rei de Kandy en 1815. O nacionalismo budista cingalés é unha ideoloxía política de Sri Lanka que mestura unha defensa da cultura e identidade cingalesas (nacionalismo) cunha énfase no budismo theravada, o cal é a relixión da maioría da poboación de Sri Lanka. Xurdiu como unha reacción á colonización de Sri Lanka polo Imperio Británico e fíxose cada vez máis relevante nos anos seguintes logo da independencia do país.

Achegas de Anagarika Dharmapala Anagarika Dharmapala foi un dos principais impulsores do renacemento budisma do século XIX que promoveu a creación de institucións e escolas budistas e o movemento independentista do século XX. Ilustrou os tres primeiros puntos nun discurso público:

"Esta brillante e fermosa illa foi convertida nun paraíso polos cingaleses arios antes de que os vándalos bárbaros provocasen a súa destrución. A súa xente non coñecía a irrelixión ... O cristianismo e o politeísmo son os responsables das prácticas vulgares de matar animais, o roubo, a prostitución, a libertinaxe, a mentira e a embriaguez... A xente antiga, histórica e refinada, baixo o demo do paganismo vizoso introducido polos administradores británicos, agora está esmorecendo lentamente."Guruge 1965:482

Fixo un chamamento ao pobo cingalés para que se levantase. Protestou enerxicamente contra o consumo de alcohol, a matanza do gando e promoveu o vexetarianismo.

Relacións con outras relixións en Sri Lanka O nacionalismo budista cingalés ten unha relación conflitiva con outras comunidades relixioosas como os cristiáns, sendo comúns as protestas realizadas por organizacións nacionalistas budistas contra os cristiáns no goberno do país a través de movementos como Acción Católica.Sri Lankan Buddhist monks protest against proselytizing Christians AP Worldstream - 22 de xaneiro de 2004 As relacións entre os nacionalistas budistas e os hindús son máis pacíficas e afables, con numerosas figuras hindús, como Kandiah Neelakandan e T. Maheswaran traballando con grupos budistas no proxecto de lei anticonversión.Lanka Buddhists take on Church Daily Pioneer - 9 de xuño de 2009 Ademais, D. B. S. Jeyaraj sinalou que tanto o nacionalismo hindú como o nacionalismo budista de Sri Lanka xurdiron como reaccións ao cristianismo.Maheswaran threatens Tamil religious unity The Sunday Leader - 18 de xaneiro de 2004 A colaboración hindú-budista é cada vez máis adoita en Sri Lanka, co xurdimento de grupos como a Hindu-Buddhist Friendship Society.Hindu-Buddhist Friendship Society soon Sunday Observer - 30 de maio de 2004

Nos últimos tempos, a relación entre os nacionalistas budistas cingaleses e os católicos de Sri Lanka mellorou respecto dos intereses compartidos, como a oposición á esterilización e a prohibición das clases privadas durante as festas relixiosas. O cardeal Malcolm Ranjith tamén se opuxo ao secularismo e apoiou o budismo como relixión estatal, o cal lle valeu os eloxios do clero budista. Porén, o nacionalismo cingalés segue a desconfiar dos cristiáns evanxélicos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Anagarika Dharmapala, Return to Righteousness: A Collection of Speeches, Essays and Letters of the Anagarika Dharmapala, ed. Ananda Guruge, The Anagarika Dharmapala Birth Centenary Committee, Ministerio de Educación e Asuntos Culturais, Sri Lanka, 1965 DeVotta, Neil. "The Utilisation of Religio-Linguistic Identities by the Sinhalese and Bengalis: Towards General Explanation". Commonwealth & Comparative Politics, Vol. 39, No. 1 (marzo de 2001), pp. 66–95. Tennakoon Vimalananda 'Buddhism in Ceylon under the Christian powers', 1963 Wijewardena 'The Revolt in the Temple', Sinha Publications, 1953

Categoría:Nacionalismo cingalés