Agontano260x260pxSan Ciriaco. PP.SQVIRIACVSCruz. DE ANCONAAgontano (S. XV). AG. Ceca: Ancona.

O agontano ou anconetano foi a moeda utilizada pola República de Ancona entre os séculos XII e XVI, durante a súa época de esplendor."Anconetano". En Münzen Lexikon. Reppa.de.

Caracterización O agontano ou anconetano era unha moeda de prata de gran tamaño, con diámetro de entre 18 e 22 mm e un peso de entre 2,04 e 2,42 gramos. O seu valor era próximo ao do soldo milanés (12 diñeiros).Travaini, L. et al. (2003).

No seu anverso aparece representado San Ciriaco, protector da cidade, vestido como bispo grego, rodeado pola lenda P.P.S. QUIRIACUS. A cabeza do santo, coa auréola, interrompe o círculo que encerra o resto do corpo. Pola súa banda, o reverso desta moeda amosa unha cruz encerrada nun círculo, arredor do cal está a lenda DE ANCONA."Grosso Agontano". Numista.com."Anconetano". En Enciclopedia Italiana (1929). Treccani.

Historia As primeiras mostras de cuñaxe medieval de Ancona datan do século XII, cara a 1170, cando a cidade aumentou a súa independencia e comezou a bater a súa propia moeda sen supervisión imperial nin papal.​ Consonte a tradición, a cidade comezou a cuñar moeda por concesión do Imperio Bizantino, logo da fidelidade demostrada durante o asedio de 1173, o que tamén levou a dispor da súa bandeira da cruz de ouro nun campo vermello. Esta hipótese non está apoiada por fonte contemporánea ningunha.Dubbini, M.; Mancinelli, G. (2009).

Esta moeda, chamada tamén grosso agontano, acadou un grande éxito e a súa tipoloxía foi imitada por outras cidades das Marcas e tamén en Emilia-Romaña, Toscana, Lacio e os Abruzos.Sozzi, M. (2001). ​​

O ducado agontano Con menos sona que a de prata, cuñouse en Ancona un ducado de ouro coñecido tamén como agontano, ao que fan referencia algúns documentos do século XIV, aínda que os exemplares conservados datan dos séculos XV e XVI, antes da perda da independencia da cidade en 1532. Esta moeda foi emitida durante os pontificados de Paulo II, Sisto IV, Inocencio VIII, Alexandre VI, Xulio II, León X e Hadrián VI."Ducato papale ". LaMoneta.it​​

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Belaubre, J. (1996). Dictionaire de Numismatique mediévale occidentale. Leopard d'Or, París. ISBN 2-86377-121-3. Dubbini, M.; Mancinelli, G. (2009). Storia delle monete di Ancona. Il lavoro, Ancona. ISBN 9788876634512 Frey, A. R. (1916). "Agontano, or anconetano". En A dictionary of numismatic names; their official and popular designations. American Journal of Numismatics. Vol 50. Páxina 7. Martinori, E. (1915). La moneta. Vocabolario generale. Istituto italiano di numismatica, Roma. Páxinas 4, 8. Sozzi, M. (2001). "L'Agontano di Massa di Maremma". En Travaini, L. et al. (2003).Páxinas 111-140. Travaini, L. et al. (2003). L'agontano: una moneta d'argento por l'Italia medievale. Società Numismatica Italiana.

Categoría:Moedas de Italia Categoría:Moedas da Idade Media Categoría:Moedas de prata Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Provincia de Ancona