What to Expect When You're Expecting é un filme estadounidense de 2012 dirixido por Kirk Jones e distribuído por Lionsgate. Foi escrito por Shauna Cross e Heather Hach e baséase na guía do embarazo homónima de Heidi Murkoff publicada en 1984. A historia conta as vidas de cinco parellas e as dificultades e sorpresas da paternidade. Está protagonizado por Cameron Diaz, Jennifer Lopez, Elizabeth Banks, Chace Crawford, Brooklyn Decker, Anna Kendrick, Matthew Morrison, Dennis Quaid, Chris Rock e Rodrigo Santoro.

O filme foi producido por Alcon Entertainment, Phoenix Pictures, What to Expect Productions e Georgia Public e estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 18 de maio de 2012. O filme recadou máis de 84 millóns de dólares en todo o mundo sobre un orzamento de 40 millóns, e recibiu valoracións dispares por parte da crítica.

Personaxes

Cameron Diaz como Jules Baxter Jennifer Lopez como Holly Castillo Elizabeth Banks como Wendy Cooper Chace Crawford como Marco Brooklyn Decker como Skyler Cooper Ben Falcone como Gary Cooper Anna Kendrick como Rosie Brennan Matthew Morrison como Evan Webber Dennis Quaid como Ramsey Cooper Chris Rock como Vic Mac Rodrigo Santoro como Alex Castillo Joe Manganiello como Davis Rob Huebel como Gabe Thomas Lennon como Craig Amir Talai como Patel Rebel Wilson como Janice Wendi McLendon-Covey como Kara

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Kirk Jones Categoría:Filmes de Alcon Entertainment Categoría:Filmes de Lions Gate Entertainment Categoría:Filmes ambientados en Atlanta Categoría:Filmes rodados en Atlanta Categoría:Filmes sobre o embarazo