miniatura|Modelo do ERS-2. O European Remote Sensing Satellite (ERS) foi o primeiro conxunto de satélites de observación terrestre lanzado pola Axencia Espacial Europea. Constituído por dúas misións, ERS-1 e ERS-2, orbitaron a Terra unhas 120 000 veces en total, observando a terra, atmosfera, océanos e capas de xeo de xeito continuado ó longo de vinte anos. Xerou unhas 4000 publicacións científicas, correlativas cuns 5000 proxectos. Foi construído por un consorcio internacional liderado por DSS (Dornier Satelliten Systeme Gmbh), sendo os datos postos a disposición a través de Internet.

ERS-1 O ERS-1 foi lanzado dende o centro espacial da Güiana Francesa polo foguete Ariane 4 o 17 de xullo de 1991.

Cunha extensión da misión de dous anos, os obxectivos eran voltos principalmente para os estudos oceánicos e de glaciares, nas varias áreas das ciencias naturais.

De entre os varios aparellos a bordo do satélite estaban o AMI (Active Microwave Instruments), constituído por un radar de Abertura Sintética (SAR) e un difusómetro (aparello que permite medir a intensidade e a dirección do vento preto da superficie do mar). As imaxes adquiridas polo SAR, fornecían datos dunha faixa de 100 x 100 km, cunha resolución espacial de trinta metros. Unha antena de 10 x 1 metros emitía e recibía un feixe de microondas na faixa de 5,3 Ghz (banda C), con polarizaçión VV e un ángulo de incidencia de 23 graos.

A operación do SAR no modo Imaxe producía unha taxa de datos moi alta (105 Mbps), facendo que as imaxes só puidesen ser xeradas en zonas equipadas con estación receptora. A superficie terrestre era cuberta enteiramente e fotografada en ciclos de 35 días.

A misión ERS-1 foi rematada o 10 de marzo de 2000.

ERS-2 O ERS-2 foi lanzado do centro espacial da Güiana Francesa polo foguete Ariane 4 o 21 de abril de 1995.

Case idéntico ao ERS-1, tiña instrumentos adicionais e mellorías nos instrumentos existentes, incluíndo:

GOME (Global Ozone Monitoring Experiment), escáner de espectro visible e ultravioleta no nadir. Un espectrómetro para 3 bandas do espectro visible especializado para observar a clorofila e en xeral, a vexetación.

Cando o ERS-2 foi lanzado, compartía o mesmo plano orbital do ERS-1. Iso permitiu unha misión en "tándem", co ERS-2 pasando sobre os mesmos puntos sobre os que o ERS-1 pasara un día antes (o ERS-2 tiña un ciclo de repetición tamén de 35 días).

O ERS-2 perdeu o seu xiroscopio desde febreiro de 2001, resultando degradada a calidade dos datos fornecidos polos seus instrumentos. O gravador de bordo deixou de funcionar o 22 de xuño de 2003, deixando os instrumentos operando só cando o satélite estaba visible dende unha estación de terra. Desde a perda do gravador, puxéronse en funcionamento outras estacións de terra para aumentar a capacidade de colleita de datos. O medidor de difusión de ventos e o GOME eran os únicos instrumentos dese tipo até o lanzamento dos satélites da serie MetOp e do ENVISAT, respectivamente.

A misión ERS-2 foi dada por rematada o 5 de setembro de 2011.

Continuación O ERS foi continuado pola ESA por ENVISAT, co seu programa Copérnico.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Axencia Espacial Europea Satélite de observación terrestre MetOp ENVISAT Ligazóns externas Sitio web do ERS Páxina de operación do ERS na ESA

Categoría:Satélites artificiais