Marta Soliño Rodríguez, nada en Vigo en 1998, coñecida polo seu nome poético de Male di Miele, é unha instagrameira e poeta galega.
Traxectoria Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade Complutense de Madrid (realizou un erasmus na Universidade Libre de Bruxelas), na Universidade da Coruña realizou un mestrado de xornalismo avanzado multiplataforma. Empezou a escribir con 17 anos poesía nun blog, xa co pseudónimo de Male di Miele. En 2019 muda de medio e pasa ao Instagram, onde consegue acadar un importante éxito. A repercusión dos poemas que publica en Instagram (650 000 seguidores en 2021654 000 seguidores. Consultado o 16 de setembro de 2021.) fai que lle publiquen en 2020 o seu primeiro libro en papel.
Obra
Reinventarse un domingo (Valparaíso, 2020)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Blog (ata decembro de 2020) de Male di Miele.
Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Personalidades da fotografía Categoría:Blogueiros Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1998 Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid