Rosendo Luis Fernández Fernández, nado en Salvaterra de Miño o 23 de marzo de 1954, é un médico e político galego do PPdeG.

Traxectoria Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomado en Sanidade en Ourense, é máster en Administración e Xestión Sanitaria pola Universidade de Vigo. Presentouse ás eleccións municipais de 1987 na Merca encabezando a candidatura da CPG e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Volveu ser elixido alcalde logo das eleccións de 1991 por Centristas de Galicia e 1995, xa polo PPdeG, sempre con maioría absoluta. Foi director de Atención Primaria en Ourense de 1992 a 1996. Dimitiu como alcalde en 1996 cando foi nomeado director provincial do SERGAS.La Voz de Galicia, Ourense, 25-7-1996, p. 36. En 2000 foi nomeado subdelegado do Goberno en Ourense permanecendo no cargo ata o 2004. Foi elixido deputado do Parlamento Galego nas eleccións autonómicas de 2009 e foi portavoz de Sanidade do Grupo Parlamentario Popular. Secretario xeral do Partido Popular de Ourense, dimitiu como deputado en 2011 para presentarse como candidato á alcaldía de Ourense.Rosendo Fernández opta a la Alcaldía de Ourense con un equipo renovado Foi elixido concelleiro e deputado provincial. Foi vicepresidente da Deputación de Ourense. Nas eleccións municipais de 2015 presentouse como número dous nas listas do PP ao concello da Merca,Rosendo Fernández se asegura un puesto de edil para optar a la Diputación. www.laregion.es, 15/04/2015 . e volveu ser elixido vicepresidente da deputación.Baltar renovará a Rosendo Fernández como vicepresidente da Deputación. www.lavozdegalicia.es, 05/03/2015.

Vida persoal

Casou con Elisa Iglesias Nogueira, filla de Elisa Nogueira Méndez.Elisa Nogueira no teme perder el puesto por el alta del ex portavoz del PSOE Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Eleccións municipais na Merca Eleccións municipais en Ourense Ligazóns externas Ficha en galegos.info Rosendo Fernández: “Control del gasto y crear empleo son nuestras prioridades”

Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Alcaldes da Merca Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Deputados provinciais de Ourense Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Salvaterra de Miño Categoría:Nados en 1954