Jean Darmand (coñecido como L'OrphelinNas referencias manexadas, altérnanse as formas "L'Orphelin" e "L'Orfelin".), nado ca. 1600 e finado ca. 1669“Jean Darmand, called l’Orfelin (c. 1600-1669)”. Nationaltrustcollections.org.ukApúntase 1626 como ano de nacemento e o 6 de decembro de 1669 como data de falecmento, en Rodot, N. (1904). Páxina 279., foi un medallista francés, o sexto en ocupar o posto de gravador xeral de moedas de Francia.

Traxectoria miniatura|183x183px|Anverso da medalla de Ana de Austria (1642). miniatura|183x183px|Reverso da mesma medalla

Coñécese que con anterioridade a 1630 era gravador na casa de moeda de Riom, na Auvernia.Forrer, L. (1916). Páxina 510. Tamén foi o gravador ordinario da raíña nai, María de Médici.Rodot, N. (1904). Páxinas 278-279.

O 16 de xuño de 1630 Darmand foi nomeado gravador xeral de moedas de Francia, como gravador na Monnaie de Paris, logo de lles adquirir os dereitos deste cargo aos acredores do seu anterior titular, Nicolas Briot. En 1646 foi relevado no posto por Jean Varin.Forrer, L. (1916). Páxina 509."Graveurs Généraux des Monnaies". En Mazerolle, F. (1907). Páxina 173.Mazerolle, F. (1902-I-). Páxinas CXLV, 499-500.Barre, A. (1867). Páxinas 9-10.

No seu período como gravador xeral, ocupouse do deseño e o gravado dos cuños para diversas moedas emitidas a nome de Lois XIII (1610-1643) e de Lois XIV (1643-1715).Procura: "Darmand". Numista.com

Un dos seus traballos máis sobranceiros foi unha moeda que lle foi encargada a nome da raíña Cristina de Suecia e do módulo dun escudo francés.Gazette Numismatique Française. 11º ano. 1907, París. Páxinas 315-318.Mazerolle, F. (1902-I-). Páxina CXLVI. Darmand presentou o 7 de maio de 1648 as súas propostas para esta moeda e, finalmente, un decreto do Tribunal de Moedas ordenoulle o gravado dos cuños para a moeda, co busto da raíña no anverso e a lenda CRISTINA.D.G.SUECOR. GOTTOR.VAND.REGINA, en tanto que no reverso amosaba as armas suecas e a lenda DE MONETA NOVA ARGENTEA REG.SUEC.Forrer, L. (1916). Páxinas 509-510.Barre, A. (1867). Páxina 10.

Algunhas das súas medallas máis coñecidas son as dedicadas a Ana de Austria (1642)"Médaille: Anne d'Autriche". Collections.louvre.fr, a María de Médici (1644)"Médailles. Marie de Médicis, 1644 ". Auction.fr e a César de Vendôme (1650)"France, César, Duc de Vendôme (1594-1665)". CoinArchives.com.Mazerolle, F. (1902-I-). Páxina CXLV.Mcerolle, F. (1902-II-). Páxinas 157-158.

En 1658 recibiu un luís de ouro pola súa creación do novo selo da Real Academia de Pintura e Escultura.

Vida persoal Jean Darmand casou con Suzanne Putois, con quen tivo dez fillos, e en segundas nupcias con Anne-Marie Raoult, con quen tivo dous fillos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Gravador xeral de moedas de Francia Monnaie de Paris

Bibliografía Barre, A. (1867). Graveurs Généraux et particuliers des Monnaies de France, Contrôleurs Généraux des Effigies, Noms de quelques graveurs en Médailles de la Renaissance Française. Pillet Fils, París. Forrer, L. (1916). "Darmand, Jean, surnamed L'Orphelin". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol I. Spink & Son, Londres. Páxinas 509-510. Mazerolle, F. (1902-I-). Les médailleurs français du XVe siècle au milieu du XVIIe. Tome premier: introduction et documents. Imprimerie nationale, París. Mazerolle, F. (1902-II-). Les médailleurs français du XVe siècle au milieu du XVIIe. Tome second: catalogue des médailles et des jetons. Imprimerie nationale, París. Mazerolle, F. (1907). L'Hôtel des monnaies: les batiments, le musée, les ateliers. Renouard, París. Rodot, N. (1904). Les médailleurs et les graveurs de monnaies, jetons et médailles en Franc. Leroux, Paris.

Categoría:Finados en 1669 Categoría:Deseñadores de moeda de Francia Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Personalidades sen imaxes