Horacio Allegue Lamas, nado en Ares o 7 de marzo de 1972, é un remeiro galego. Competiu nos Xogos Olímpicos de 1992 en Barcelona.

Traxectoria Membro do Club de Remo Ares, foi campión de España infantil e pouco despois entrou na selección española, onde foi adestrado polo campión olímpico soviético Oleg Golovanov, de cara aos Xogos Olímpicos de Barcelona. Competiu na cita olímpica con só 20 anos, integrado no equipo español de oito con temoneiro, quedando na derradeira posición tanto na serie inicial como na repesca.

Posteriormente pasou ao Real Club Náutico de Vigo, e en 1994 foi sétimo no Campionato de Europa de Remo, en oito con temoneiro.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do remeiro no sitio web oficial do Comité Olímpico Internacional . Datos do remeiroen sports-reference.com. Arquivado dende o orixinal Datos do remeiro no sitio web oficial da Federación Internacional de Sociedades de Remo .

Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados en Ares Categoría:Remeiros nos Xogos Olímpicos de 1992 Categoría:Remeiros olímpicos de Galicia