Tomás Jiménez Esquivias, nado en Villaverde (Madrid) en 1921, foi un guerrilleiro antifranquista.

Traxectoria Militante do Partido Comunista, foi integrante da organización clandestina do PCE en Madrid nos primeiros anos do franquismo. Foi enviado a Galicia a finais de 1945 como axudante de Manuel Blanco Bueno para reactivar o partido e a guerrilla. Comezaron o seu traballo de organización na zona sur, Pontevedra e Ourense, onde o PCE fora desmantelado. Foi detido. Ingresou na Prisión Provincial de Salamanca o 31 de maio de 1947 a disposición do Xulgado Especial de Espionaxe e Outras Actividades, por actividades extremistas. O 25 de xuño foi trasladado á Prisión Provincial de Valladolid. Preso na Colonia Penitenciaría del Dueso (Santoña), saíu en liberdade condicional en 1952.BOE, 30-3-1952, p. 1426.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Blanco Bueno, Manuel "Diego Romero" Ficha en Salamanca Memoria

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1921