Nytt Land é unha banda de folk nórdico e ambiental, procedente de Kalachinsk en Siberia, no norte de Rusia. Fundada por Anatolii e Natalia Pahlenko en 2013, a banda publicou sete álbums de estudio.

Estilo e historia Nytt Land formouse en 2013 e publicou catro discos de forma independente antes de unirse ao selo británico Cold Spring Records, co que publicaron en 2017 o disco Fimbulvinter e en 2018 Oðal. Acompañaron a Wardruna na súa xira rusa, e tocaron en festivais viquingos, folk e metal de toda Europa.

O estilo da banda ten sido comparado co de Wardruna e Danheim, co engadido do canto difónico e os instrumentos tradicionais feitos a man como o kantele e a talharpa. A banda afirmou que se inspiran nos sons da natureza siberiana, e os seus discos incluíron gravacións en vivo de grallos de corvos e outros sons do bosque. Tematicamente, a súa obra faise eco de moitas historias da mitoloxía nórdica e de textos históricos como a Edda poética. De acordo con esta tradición, gran parte das letras de Nytt Land están escritas e cantadas en lingua nórdica antiga.

Discografía

2015: Hávamál (Álbum, CD, Crush The Desert) 2016: Sköpun (Álbum, CD, Sulphur Flowers) 2016: The Last War (EP, CD, Kszenca Records) 2017: Fimbulwinter (Álbum, CD, Cold Spring Records) 2018: Oðal (Álbum, CD, Cold Spring Records) 2020: Cvlt (Álbum, CD/LP, Infinite Fog Productions) 2021: Ritual (Álbum, CD/LP, Napalm Records)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Wardruna

Ligazóns externas

Datos da banda en AllMusic . Datos da banda en Discogs .

Categoría:Grupos musicais de Rusia Categoría:Grupos musicais de folk