Ólafsvík é unha pequena cidade do municipio de Snæfellsbær, na rexión de Vesturland, ao oeste de Islandia.
Xeografía Ólafsvík encóntrase no extremo occidental da península de Snæfellsnes, ás beiras do fiorde Breiðafjörður. Preto dela encóntrase o volcán Ólafsvíkurenni, de 415 m de altura.
No ano 2011 contaba cunha poboación de 1 010 habitantes e, segundo o censo, contaba a 1 de xaneiro de 2023 con 991.
Ao suroeste de Ólafsvík está o volcán Snæfellsjökull.
Os accesos principais a Ólafsvík son a estrada da meseta Fróðárheiði e despois a ruta de Búðir no sur de Snæfellsnes.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Cidades de Islandia