O golfo de Urabá é a zona máis austral do mar Caribe localizado en Colombia. Ten unha área aproximada de 1800 km². Está contido dentro do golfo de Darién, é unha pequena lingua de mar que se estende ao sur, entre o cabo Caribaná e o cabo Tiburón na fronteira de Colombia e Panamá, e que inclúe as costas da cidade portuaria de Turbo. O delta do río Atrato esténdese cara ao golfo.Otero Álvarez, Mosquera Aguirre, Silva Castro e Guzmán Victoria (2002) Consultado o 19 de novembro de 2021
A temperatura media é de 28 °C e dada varias condicións climáticas e xeolóxicas, entre elas os ventos que proceden do oeste, as cordilleiras de Baudó e Darién, e a enorme humidade relativa (entre 85 e 98%), nesta zona rexístranse as precipitacións pluviométricas maiores de todo o continente americano, cun rango de precipitación que supera por varios centos os 10 000 mm anuais.
Ás súas beiras sitúanse as poboacións de Turbo, Necoclí e Acandí, e antigamente a cidade de Santa María la Antiga del Darién que foi o primeiro asentamento europeo en Colombia.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Golfos e baías de Colombia