The Guilty é un filme estadounidense de 2021 dirixido e producido por Antoine Fuqua a partir dun guión de Nic Pizzolatto. Trátase dun remake do filme dinamarqués de 2018 Den skyldige, e está protagonizado por Jake Gyllenhaal e Christina Vidal, coas voces de Ethan Hawke, Riley Keough, Eli Goree, Da'Vine Joy Randolph, Paul Dano, Peter Sarsgaard e Bill Burr.
The Guilty estreouse internacionalmente no Festival Internacional de Cinema de Toronto o 11 de setembro de 2021. O filme tivo unha estrea limitada nos cinemas dos Estados Unidos o 24 de setembro de 2021, e lanzouse en liña a través de Netflix o 1 de outubro dese mesmo ano. Recibiu valoracións positivas por parte da crítica, especialmente a interpretación de Gyllenhaal, pero aínda así o remake está considerado como inferior respecto o filme orixinal.
Personaxes Jake Gyllenhaal como Joe Baylor Christina Vidal como Sarxento Denise Wade Adrian Martinez como Manny
Voces
Riley Keough como Emily Lighton Peter Sarsgaard como Henry Fisher Eli Goree como Rick Ethan Hawke como Sarxento Bill Miller Da'Vine Joy Randolph como CHP Dispatcher Christiana Montoya como Abby David Castañeda como Oficial Tim Geraci Beau Knapp como Dru Nashe Edi Patterson como Katherine Harbor Paul Dano como Matthew Fontenot Gillian Zinser como Jess Baylor Bill Burr como Nightclub Caller Dillon Lane como ciclista accidentado Aileen Burdock como LA Times Operator Marlene Forte como House on Fire Caller
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Antoine Fuqua Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes ambientados nos Ánxeles Categoría:Filmes de Bold Films