Wendy A. Okolo, nada en Nixeria en 1989, é unha enxeñeira de investigación aeroespacial nixeriana que traballa na División de Sistemas Intelixentes do Centro de Investigación Ames da NASA e onde tamén dirixe o Programa de énfase especial para mulleres. Okolo foi a primeira muller negra en graduarse en enxeñería aeroespacial na Universidade de Texas en Arlington.
Traxectoria Okolo completou o bacharelato no Queen's College, unha escola para mulleres en Lagos, Nixeria e en 2010 licenciouse en enxeñería aeroespacial na Universidade de Texas en Arlington (UTA). Como estudante de posgrao, Okolo foi presidenta da Sociedade de Mulleres Enxeñeiras da Universidade. Aos 26 anos, en 2015, Okolo completou o seu doutoramento en enxeñaría aeroespacial na UTA e converteuse na primeira muller negra en obter este título académico nesta institución. Os seus estudos de doutoramento foron supervisados por Atilla Dogan, e a súa tese doutoral centrouse nos métodos de aforro de combustible nos avións.
Carreira Okolo comezou a súa carreira profesional mentres era estudante de posgrao como bolseira en Lockheed Martin, traballando coa nave espacial Orion da NASA. Durante dous veráns, Okolo traballou na Oficina de Xestión de Requisitos de Enxeñaría de Sistemas e no equipo de Mecánica de Hatch en Enxeñaría Mecánica. Como estudante de posgrao, Okolo traballou en Deseño e Análise de Control no Laboratorio de Investigación da Forza Aérea (AFRL) na Base Aérea Wright-Patterson .
Okolo converteuse en xestora de subproxectos na División de Sistemas Intelixentes do Centro de Investigación Ames e en enxeñeira de investigación en Discovery and Systems Health Technology (DASH), realizando funcións como a investigación de aplicacións de sistemas de control, a supervisión do estado dos sistemas e a creación de solucións para problemas relacionados co deseño de avións e naves espaciais.
Premios
Bolsa Amelia Earhart (2012) Premio de posgrao John Leland Atwood da AIAA (2013)
Notas
Categoría:Persoal da NASA Categoría:Enxeñeiros dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nixeria Categoría:Nados en 1989