Marco Vipsanio Agripa (en latín, Marcus Vipsanius Agrippa), coñecido usualmente como Agripa, nado cara o 63 a.C.e finado no 12 a.C., foi un importante xeneral e político romano. Foi amigo íntimo, colaborador, xeneral e encargado dos asuntos militares de Octaviano, o futuro emperador Octavio Augusto. Sempre ao seu carón dende a morte de César no 44 a. C., foi o seu principal apoio militar con triunfos como a batalla de Nauloco contra Sexto Pompeio, no 36 a. C., ou a vitoria naval da batalla de Accio contra Marco Antonio e Cleopatra VII de Exipto, no 31 a. C. Estes éxitos militares permitiron o triunfo de Octavio durante as guerras civís, a afirmación da súa autoridade política e a instauración da etapa que se denominou como Principado. Durante os quince anos desta etapa, Agripa, participou, por iniciativa de Augusto, nas novas comquistas do Imperio, en Hispania (20 e 19 a. C.), e no Danubio (13 e 12 a. C.)
Agripa destacou pola súa capacidade militar e política, e polas construcións coas que embeleceu a cidade de Roma, entre as que se conta o Panteón de Roma ou Panteón de Agripa e as Termas de Agripa. Tamén realizou varias construcións por todo o imperio, entre as que destacan o Teatro romano de Mérida, na Lusitania ou o Acueduto de Pont du Gard, na Galia. Tamén é moi recoñecido polo mapa do mundo antigo, proxecto ideado por Xulio César, que elaborou cos datos obtidos durante as súas viaxes e as guerras e cos que construíu unha carta circular, que foi gravada en mármore por Augusto e, despois, colocada na columnata construída pola súa irmá Vipsania Pola.
Agripa foi o sogro do emperador, Tiberio, avó polo lado de Calígula e bisavó materno de Nerón.
Traxectoria
Nacemento e orixe A data de nacemento estímase, convencionalmente entre o 63 e 62 a.C. a partir das mencións de Plinio o Vello, quen indica que morreu no seu quincuaxésimo primeíro ano, polo que o seu nacemento sería entre marzo do 63 a. C. e marzo do 62 a. C.Plinio o Vello, Naturalis Historiae, Libro VII: VIII, 46 Autores como Reinhold, con outra interpretación deses datos, establecen o nacemento entre marzo do 64 a. C. e marzo do 63 a. C. Porén, hai outras fontes, que a partir dun calendario orixinario de Chipre ou Siria no que se inclúe un mes nombrado como "Agripa" que comezaba o 1 de novembro, estiman que iso podería indicar que ese sería o mes do seu nacemento e o ano 64 a. C.
Tamén é confuso o lugar de nacemento pois, aínda que, ás veces, se cita Istria,Segundo Reinhold, a terminación -anius, indica un topónimo que, parece ser era común na zona de Dalmacia ou no Véneto (citado en Roddaz 1984, p. 22). tamén se ten citando Asisium en Umbría ou Arpino no Lacio. A localización exacta segue a ser incerta.
A súa gens era descoñecida no panorama político romano anterior a el. É fillo dun home chamado Lucio Vipsanio Agripa,Na inscrición do Panteón de Roma (CIL, VI, 896), aparece: « M·AGRIPPA·L·F·COS·TERTIVM·FECIT », É dicir, «Marcus Agripa, fillo de Lucio, cónsul ppor terceira vez, o construíu» probablemente dunha familia da orde ecuestre, itálica, relativamente modesta que recentemente conseguira a cidadanía romana. Quizais se trate dunha familia marsa que, trala guerra social de principios de século, accedera á cidadanía. Tampouco se coñece nada da súa nai. Estas orixes fan del un homo novus, un home novo, o primeiro da súa familia en acadar os máis altos cargos políticos da República Romana. Ten un irmán máis vello chamado LucioAo se chamar o pai de Marco Agripa, Lucio, era costume que o fillo maior tivese o mesmo nome.Veleio Patérculo, Historia Romana, Libro II.96 e Libro II.127.
Partidario de Octaviano. De amigo da infancia a xeneral Agripa tiña aproximadamente a mesma idade que Octaviano, o futuro emperador Augusto, os dous foron educados xuntos compartindo mestres de retórica como Apolodoro de Pérgamo e estiveron ligados dende pequenos e na adolescencia por unha fonda amizade.
A pesar dos lazos da familia coa de Xulio César, o irmán de Agripa optou polo bando contrario durante a guerra civil do 49 a.C. e loitou con Marco Porcio Catón contra César en África, na batalla de Tapso. Cando as tropas republicanas foron derrotadas, o irmán de Agripa foi feito prisioneiro pero foi liberado por Octavio quen intercedeu no seu favor.Nicolao de Damasco, Vida de Augusto Ninguén sabe se os dous irmáns loitaron entre si en África, pero o mozo Marco Agripa probablemente participase coas tropas de César durante a campaña do 46 e 45 a.C. contra Sexto Pompeio, ao igual que o seu amigo Octavio. Probablemente, ambos participasen na batalla de Munda.
César tívoo en suficiente estima como para envialo, posteriormente no 45 a. C., acompañando a Octavio a estudar a Apolonia de Iliria, onde se atopan as lexións de Macedonia en previsión das grandes expedicións militares que planeaba César contra os dacios e os partos,Suetonio, Vida de Augusto, 8.2 mentres consolidaba o seu poder en Roma. Agripa e Octavio, durante a súa estadía, coñeceron ao astrólogo Teóxenes, que prognosticara unha carreira brillante para Agripa, antes de postrarse ante o destino excepcional de Octavio.Suetonio, Vida de Augusto, 94.12 Pouco despois, César, enviou tamén ao fillo dun dos seus amigos, Caio Mecenas, a estudar con eles. O tres mozos forxaron unha forte amizade no tempo en que estiveron afastados de Roma e baixo as ordes de César. Agripa pronto logrou o apoio das lexións macedonias, grazas á súa incrible habilidade de liderado.Aínda que se ten especulado con que Agripa estivese entre os negociadores que conseguiron o apoio das lexións macedonias de Antonio para Octavio, non hai probas claras diso. Véxase, Reinhold 1933 p. 16. Tamén aprendeu arquitectura, área de coñecemento que aplicaría máis adiante na súa vida.
Ao cuarto mes da súa estancia en Apolonia chegaron noticias do asasinato de Xulio César en marzo de 44 a.C. A pesar do consello de Agripa e doutro amigo, Quinto Salvideno Rufo, para que o futuro emperador Augusto marchase cara a Roma xunto coas tropas estacionadas en Macedonia para eliminar aos asasinos de César, este, decidiu marchar a Roma discretamente en barco, seguindo o coidadoso consello da súa familia, cunha pequena garda persoal e en compañía dos seus dous amigos. Os consellos destes, non só eran ditados polo seu ardor xuvenil, senón quizais tamén polas ambicións políticas, que buscaban aproveitar as guerras civís para ascender na xerarquía social a costa da aristocracia romana, clase á que pertencían moitos dos implicados no asasinato de César. Ascenso ao poder ao carón de Octaviano (44 a. C. - 42 a. C.) miniatura|Retrato de Augusto como un rapaz novo (Museo do Louvre), realizado en mármore (27-20 a. C.), atopado na illa Cos, no mar Exeo. Cando, trala súa chegada a Roma, Octaviano foi informado que César nomeárao fillo adoptivo e, polo tanto, herdeiro legal.Nicolao de Damasco, Vida de Augusto 16–17Veleio Patérculo 2.59.5. Tanto Agripa como Salvideno empúrrano a acepta-la herdanza contra o consello da súa familia materna e, desta volta, decidiu reclamar solemnemente a herdanza de César aos maxistrados encargados do testamento, polo cal recibía as tres cuartas partes da fortuna de César, que Antonio rexeitou devolverlle, e sobre todo o seu apelido. A partir dese momento, Octavio adoptou o nome de César, pasando a chamarse oficialmente Caio Xulio César Octaviano, motivo polo cal moitos historiadores fan referencia a el como "Octaviano" neste período.
En Roma, tanto el como os seus partidarios, déronse conta de que precisaban o apoio das lexións e Agripa axudou a Octaviano a recrutar tropas en Campania.Nicolao de Damasco, Vida de Augusto 31. Nese tempo, Marco Antonio encarnou brevemente o desexo de preservar a legalidade da República Romana e, mesmo chegou, a pesar do clima de tensión, a un compromiso cos conspiradores que asasinaran a César. Isto, inicialmente supuxo un grande éxito para Antonio quen conseguiu con este xesto tranquilizar os veteranos, reconciliar a maioría do Senado e aparecer aos ollos dos conspiradores como o seu interlocutor privilexiado e protector.
Non obstante, a chegada de Octaviano puxo en cuestión as decisións de Marco Antonio sobre os cesaricidas e os seus partidarios pois Octavio quería vingarse e castigar aos conspiradores, o que colocou a Marco Antonio nunha posición incómoda e aínda que puido frear o proceso de ratificación da adopción de Octavio, tivo que aclarar rapidamente a súa posición política por temor a que os seus partidarios pasasen a apoiar a Octavio. Marco Antonio convocou os comicios para o 22 ou 33 de xuño co fin de promulgar leis agrarias favorables aos veteranos que lle permitan asegurar o seu posto ao final do seu mandato como cónsul e situar aos seus principais partidarios á fronte de provincias clave. En particular, tentou asegurarse o control das provincias da Galia Cisalpina,, gobernada entón por Décimo Xunio Bruto Albino, un dos conspiradores de marzo de 44 a. C., e da Galia Comata, para controlala a partir do 1 de xaneiro do 43 a. C.esquerda|miniatura|252x252px|Busto de Agripa, Museo Pushkin.Durante o verán e o outono do 44 a. C., a situación de Marco Antonio fíxose cada vez máis perigosa. Cicerón, sentindo que podía ser posible despedilo se se favorecía a Octaviano, entrou entón en escena. En setembro do 44 a. C. comezou a pronunciar unha serie de discursos contra Antonio, as Filípicas, co fin de volver contra el ao Senado. Ao mesmo tempo, Octaviano traballou ao seu carón para acelerar a ruptura entre o Senado e Antonio. Este último abandonou Roma en outubro para chegar a Brindisi para se unir ás lexións macedonias que cruzaran o Adriático. Octaviano, Agripa e os seus amigos déronse conta de que precisaban o apoio das lexións e comezaron a espallar propaganda entre os soldados e, como consecuencia, Antonio foi moi mal recibido en Brindisi.
Inmediatamente, Agripa entón axudou a Octaviano a reunir novas tropas en Campania, especialmente entre os veteranos de César. En novembro, cando Octaviano conseguiu o apoio de gran parte dos veteranos de César, dúas das lexións macedonias orixinais de Antonio, Legio I Martia e Legio V Macedonica,uníronse a el en Etruria. Acépatase, aínda que con algunhas dúbidas, que Agripa fora un dos negociadores que traballara para atrae-las lexións macedonias falando con elas. Octaviano estaba, ao parecer, acompañado por primeira vez de Mecenas, cuxos dotes de diplomático completaban a capacidade militar de Agripa.
Incapaz de permanecer máis tempo en Roma, ao rematar o seu mandato como cónsul, Marco Antonio convocou o Senado de xeito extraoficial a noite do 28 de novembro no Capitolio para asegurarse de que as súas disposicións tomadas en xuño fosen efectivamente promulgadas. Ao día seguinte, Marco Antonio, que reunira as súas tropas, revisounas en Tívoli e despois tomou a dirección do Norte. Este é o comezo da chamada Guerra de Módena.
Guerra de Módena