Manuel Montero Galvache, nado en San Fernando en 1903 e finado en Córdoba o 15 de xaneiro de 1983, foi un militar español.

Traxectoria Nado nunha familia de militares e gardas civís. Garda civil, logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, como capitán e comandante militar de Lora del Río participou na represión contra a guerrilla en Andalucía, e despois en Estremadura, polo que foi ascendido a capitán en 1946. Ascendido a comandante, foi nomeado xefe do Sector Interprovincial da Garda Civil de Lalín dedicado á persecución e eliminación da guerrilla antifranquista en 1948. Recibiu a felicitación pública dos concellos de Lalín e Silleda e o de Vila de Cruces solicitou para el a Cruz de Beneficencia en 1950. En xuño dese ano estaba programada e anunciada unha homenaxe pública que non chegou a materializarse. Permaneceu no posto ata 1952. Xa tenente coronel, foi destinado á xefatura da comandancia de Áraba, e en 1957 pasou a mandar a de Ciudad Real.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas , Manuel (6/12/2021). "¡Viva la unidad antifranquista!". Guerrilleiros na comarca do Deza Nós Diario.

Categoría:Nados en San Fernando Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1983 Categoría:Militares de Andalucía Categoría:Gardas civís