Christine Kirch, nada en Guben en abril de 1697 e finada en Berlín o 6 de maio de 1782 foi unha astrónoma alemá.

Traxectoria Foi filla dos astrónomos Gottfried Kirch e Maria Winkelmann e irmá de Christfried Kirch. Ela e a súa irmá, Margaretha Kirch, recibiron clases de astronomía desde os dez anos e traballaron como axudantes do seu irmán. Christine Kirch fixo os cálculos e asistiu nas observacións de Christfried Kirch. Ela calculou o almanaque e as efemérides para a Academia de Ciencias de Berlín ata a súa morte.

Debido a este último traballo, é considerada como a primeira muller en recibir un pago polos seus servizos na astronomía. Notas

Véxase tamén Bibliografía Marilyn Ogilvie e Joy Harvey: The Biographical Dictionary of Women in Science

Categoría:Nados en 1696 Categoría:Finados en 1782 Categoría:Científicos de Alemaña