Bibiana Candia Becerra, nada na Coruña o 17 de agosto de 1977, é unha escritora e xornalista galega.

Traxectoria Estudou Filoloxía Hispánica na Universidade da Coruña e traballou para a propia universidade ao rematar os estudos. No ano 2011 mudouse a Berlín para dedicarse profesionalmente á literatura. Na capital alemá traballou como xornalista freelance e como escritora.

Colabora coa revista Jot Down, con Letras Libres, The Objective e co Instituto Cervantes de Berlín.

Empezou a escribir poesía e formas narrativas breves ata que en 2021 publicou a ficción de base histórica Azucre, que abriu a súa obra a unha maior repercusión e que estivo varias semanas entre os libros máis vendidos en España en ficción histórica. Mentres tanto, obtiña tamén senllos premios ao seu labor xornalístico.

Obra Poesía La rueda del hámster (2013). Torremozas. 56 páxs. ISBN 9788478395262.

Las trapecistas no tenemos novio (2016). Torremozas. 72 páxs. ISBN 9788478396597.

Narrativa El pie de Kafka (2015). Torremozas. relatos construídos a partir de fragmentos de obras de Kafka. Fe de erratas (2018). Franz. 44 páxs. ISBN 978-84-946897-1-0.

Novela Azucre (2021). Logroño: Pepitas de calabaza. Novela na que se relata ficcionalmente a expedición de 1.700 galegos a traballaren como escravos en Cuba, promovida por Urbano Feijóo de Sotomayor. 144 páxs. ISBN 9788417386825. Azucre (2022). Kalandraka. 198 páxs. ISBN 978-84-1343-182-6. Ilustracións de Xosé Cobas. En galego.

Recoñecementos

Gañou o XLII Premio Internacional Afundación de Xornalismo Julio Camba co artigo "Una legión de señoras en bata", publicado en Letras Libres. Foi premiada co Premio de divulgación feminista Carmen de Burgos en 2020 por un artigo sobre a lexicógrafa María Moliner.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web persoal Entrevista a Bibiana Candia en The Objective. Diálogo a propósito de Azucre, YouTube 2021

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Galegos de Alemaña Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1977 Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña