Puerto Arica é unha vila e concello do departamento de Amazonas, en Colombia. No 2015, tiña unha poboación de 1 350 habitantes. Limita polo norte co correxemento de Puerto Santander, polo sur coa República do Perú, polo oeste con La Chorrera e El Encanto, e polo leste con La Pedrera e Tarapacá.
Historia Orixe do nome O nome foille dado na honra da cidade de Arica, perdida polo Perú durante a guerra do Pacífico contra Chile. Cidadáns peruanos procedentes desa zona (colonizadores ariqueños, tarapaqueños e tacneños), fundaron unha localidade que, na honra desta cidade sureña, se chamou Puerto Arica. Trala sinatura do tratado Salomón-Lozano, a localidade quedou baixo soberanía colombiana. Os poboadores ariqueños peruanos fundaron outro Puerto Arica á beira do río Napo, lugar que máis adiante serviría de base para os peruanos durante a guerra peruano-ecuatoriana.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Concellos de Amazonas, Colombia