Puerto Nariño é unha vila e concello do departamento de Amazonas, en Colombia, localizado na conca do río Amazonas. Ten unha superficie de 1874 km² e unha poboación de 8 162 persoas (2015).
O seu nome provén do xeneral colombiano, Antonio Nariño, quen participou activamente na guerra de independencia contra os españois.
Xeografía É o segundo concello do departamento de Amazonas, tanto en importancia como en área. Atópase á beita do río Loretoyaco, a 87 quilómetros de Leticia, a capital departamental, e a 1 240 km de Bogotá (a capital do país). Ten unha altitude de 159 msnm, rexistrando unha temperatura media de 30 °C.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Concellos de Amazonas, Colombia