Emilio José León Suárez, nado en Xixón o 4 de novembro de 1977, máis coñecido como Emilio León, é un profesor e político asturiano. Participou nas eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias en 2015 representando a Podemos Asturias.

Traxectoria Vida persoal Foi profesor de materias científicas, así como de cursos de historia contemporánea e socioloxía na Universidade de Oviedo. É licenciado en física. Traballou como educador en centros de acollida de menores inmigrantes de Oviedo e como animador social e limpador nun xeriátrico de "La Rochelle". É mestre de castelán no Instituto Paul Guérrin, situado na cidade de Niort, Francia.

Carreira política Foi candidato autonómico de Podemos Asturias nas eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2015, e foi deputado autonómico na Xunta Xeral do Principado de Asturias. Tamén foi vicepresidente da “Comisión de Investigación de Caso Enredadera”.

Colaborou con Andecha Astur presentándose ás eleccións municipais de 1999 en Corvera e de 2007 en Llanes.

En xullo de 2018, dimitiu como voceiro de Podemos Asturias na Xunta Xeral por discrepancias ideolóxicas co partido.

Notas

Categoría:Nados en Xixón Categoría:Nados en 1977 Categoría:Políticos de Podemos