O Parque Nacional Natural de Los Katíos é unha área protexida localizada no noroeste de Colombia que abrangue 720 km². A altitude do parque varía entre os 50 e os 600 metros. Forma parte da Rexión de Darién, unha área selvática compartida entre Panamá e Colombia, e é contiguo co Parque Nacional de Darién, en Panamá. A estrada panamericana, cando estea rematada segundo o previsto, pasará preto ou a través de Los Katíos. O parque foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1994 debido á extraordinaria diversidade de especies vexetais e animais representadas.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do Parque Nacional Natural de Los Katíos na web da UNESCO

Categoría:Parques nacionais de Colombia Categoría:Áreas protexidas establecidas en 1974 Categoría:Patrimonio da Humanidade en Colombia