Digger é un filme grego de 2020 dirixido por Georgis Grigorakis. Estreouse como parte da sección Panorama da 70ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín, onde gañou o premio independente do xurado Art Cinema de 2020.

O filme foi exhibido e nomeado en festivais internacionais de todo o mundo, gañando 19 premios. Foi nomeado a 14 premios Premios da Academia Helénica de Cinema, onde gañou dez premios, entre eles o de mellor longametraxe, mellor director e mellor fotografía. Foi escollido como candidato de Grecia para o Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse Nikitas é un pai que vive nunha área rural do norte de Grecia, onde unha empresa mineira ameaza a paisaxe natural e perturba a súa vida cotiá. O seu fillo, Johnny, visítao inesperadamente despois dunha ausencia de 20 anos, provocando outra tensión na vida de Nikitas, cando descobre que a súa muller faleceu. O seu fillo reclama agora a metade da súa herdanza, provocando tensión.

Personaxes Vangelis Mourikis como Nikitas Argyris Pandazaras como Johnny Sofia Kokkali como Mary

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Grecia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 94ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua grega Categoría:Filmes de Grecia