Nuria Rubio García, nada en Villaseca de Laciana o 1 de abril de 1988, é unha política e sindicalista leonesa. Traxectoria Naceu nunha localidade do concello de Villablino no seo dunha familia mineira. Formouse como técnica en educación infantil e logo estudou maxisterio na Universidade de León ata a súa graduación en 2012. Comezou a súa actividade política nas Xuventudes Socialistas de León en 2009, foi secretaria de organización das Xuventudes Socialistas de León entre 2012 e 2015 e secretaria de mocidade da agrupación socialista de León entre 2013 e 2016 e secretaria de organización do PSOE de León dende 2017. Dende outubro de 2021 é membro do comité federal do PSOE. En 2019 encabezou a lista do seu partido ás Cortes de Castela e León pola provincia de León e repetiu posición nas eleccións de 2022. No sindicato UXT foi responsable do departamento de mocidade de León.

Notas

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Alumnos da Universidade de León Categoría:Procuradores das Cortes de Castela e León Categoría:Nados en Villablino Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Sindicalistas da UGT Categoría:Personalidades sen imaxes