miniatura|250x250px| Distritos de Ruanda dereita|miniatura|Distritos de Ruanda entre 2002 e 2006 As provincias de Ruanda divídense nun total de 30 distritos que se fraccionan á súa vez en sectores ( imirenge, sing. umurenge), e estes en células ( utugali, sing. akagali) e no chanzo inferior sitúanse as aldeas ( imidugudu, sing. umudugudu).

Cada distrito conta cun consello de distrito electo que elixe un alcalde como cabeza do executivo do distrito . O consello é o responsable da execución dos plans económicos e de desenvolvemento do goberno. Non obstante, dende xaneiro de 2020 os tres distritos da cidade de Kigali , unha das provincias de Ruanda, deixaron de ser entidades legais separadas, con administradores executivos no canto de alcaldes e designados polo goberno nacional.

En lingua kiñaruanda ao distrito denomínase akarere en singular e uturere en plural.

Historia Antes de 2002, Ruanda dividíase en prefecturas, subprefecturas (por veces denominadas distritos) e 154 concellos (imijyi, sing. umujyi).

No ano 2002 os concellos substituíronse por distritos e concellos ( akarere e umujyi) mais en 2006 unificouse a división en distritos e reducíronse de 106 a 30.

Provincia do Leste miniatura|177x177px| Distritos da provincia do Leste

Distrito de Bugesera Distrito de Gatsibo Distrito de Kayonza Distrito de Kirehe Distrito de Ngoma Distrito de Nyagatare Distrito de Rwamagana

Cidade de Kigali miniatura|117x117px| Distritos de Kigali

Distrito de Kicukiro Distrito de Gasabo Distrito de Nyarugenge

Provincia do Norte miniatura|200x200px| Mapa da provincia do Norte

Distrito de Burera Distrito de Gakenke Distrito de Gicumbi Distrito de Musanze Distrito de Rulindo

Provincia do Sur miniatura|160x160px| Mapa da provincia do Sur

Distrito de Gisagara Distrito de Huye Distrito de Kamonyi Distrito de Muhanga Distrito de Nyamagabe Distrito de Nyanza Distrito de Nyaruguru Distrito de Ruhango

Provincia do Oeste miniatura|192x192px| Mapa da provincia do Oeste

Distrito de Karongi Distrito de Ngororero Distrito de Nyabihu Distrito de Nyamasheke Distrito de Rubavu Distrito de Rusizi Distrito de Rutsiro

Notas

Categoría:Xeografía de Ruanda