dereita|miniatura| Substancia negra mostrada en sección transversal do mesencéfalo A substancia negra é unha porción heteroxénea do mesencéfalo responsable da produción de dopamina no cerebro. Xoga un papel importante na recompensa e na adicción.
Estrutura Ten unha convexidade anterior e unha concavidade posterior. As súas neuronas teñen un pigmento moi específico: a neuromelanina.
Pódese subdividir en dúas partes cuxas conexións e neurotransmisores son distintos:
Porción compacta -máis dorsal e formada por células medianas e moi pigmentadas- células ricas en neuromelanina que utilizan a dopamina como neurotransmisor e que terán conexións cos ganglios basais (fundamentalmente putamen e núcleo caudado) e formarán o corpo estriado. As súas fibras chámanse polo tanto fibras dopaminérxicas nigrostriadas. Porción reticular: máis ventral e formada por células máis pequenas e menos pigmentadas. Conexión preferente co tálamo e usan como neurotransmisor o GABA. Esta porción reticular ten continuidade anatómica con outro núcleo basal, máis concretamente cunha porción do núcleo lenticular: o globo pálido (globus pallidus).
Patoloxía A dexeneración das neuronas pigmentadas nesta rexión é a principal causa da enfermidade de Parkinson, Párkinson (acentuado) ou parálise axitante. Na maioría dos pacientes con Parkinson, descoñécese a causa da morte destas neuronas produtoras de dopamina. O investigador galego Francisco Pan-Montojo Puga, do Instituto Max Plank, demostrou a relación entre o Parkinson e a exposición a pesticidas (rotenona) sen necesidade de que este entrase directamente no torrente sanguíneo.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Nolte, J. The Human Brain: An Introduction cho its Functional Anatomy. Mosby; 6ª edición, xullo de 2008. Standring, S. Gray's Anatomy: The Anatomical Basis of Clinical Practice. Churchill Livingstone; 40ª edición, novembro de 2008.
Categoría:Neurofisioloxía Categoría:Cerebro