Christine Jorgensen, nada en Nova York, 30 de maio de 1926 e finada en San Clemente (California), o 3 de maio de 1989, foi unha muller transxénero estadounidense, a primeira amplamente coñecida no seu país.
Traxectoria Jorgensen naceu co nome de George William Jorgensen Jr., segunda filla do carpinteiro George William Jorgensen Sr. e da súa esposa, Florence Davis Hansen. Creceu na área do Bronx, Nova York, e foi bautizada como luterana.Becoming a Woman: A Biography of Christine Jorgensen Na súa autobiografía de 1967 describiuse como "un rapaz fráxil, loiro, introvertido, que fuxía das liortas a puños e os xogos rudos".
Despois de graduarse da secundaria, en 1945 alistouse no exército dos Estados Unidos e participou na segunda guerra mundial. Logo do seu servizo asistiu a varias escolas e tivo varios traballos.
Ao volver a Nova York, oíu sobre unha cirurxía para modificar o seu xénero. Comezou a tomar estróxenos en forma de etinilestradiol e comezou a procurar a cirurxía coa axuda de Joseph Angelo, marido dunha compañeira de clase na Manhattan Medical and Dental Assistant School. Jorgensen intentou ir a Suecia, mais nunha parada en Copenhaguen para visitar uns familiares, coñeceu a Christian Hamburger, endocrinólogo e especialista en terapia hormonal rehabilitadora. Quedou en Dinamarca e comezou a terapia baixo a dirección de Hamburger. Escolleu o nome Christine na súa honra. Obtivo do Ministerio de Xustiza un permiso especial para experimentar unha serie de operacións que comezaron o 24 de setembro de 1951.
Regresou aos Estados Unidos e a súa transición o tema de primeira páxina do New York Daily News o 1 de decembro de 1952. Incorrectamente foi presentada como a primeira persoa sometida a unha operación de reasignación de sexo. Este tipo de cirurxía xa fora realizada por médicos alemáns a finais da década de 1920. Dorchen Richter e a artista dinamarquesa Lili Elbe, ambas pacientes de Magnus Hirschfeld no Institut für Sexualwissenschaft de Berlín, foron as primeiras que se sabe foron sometidas á operación.
Jorgensen afirmou inicialmente que quería seguir unha vida tranquila, mais ao volver aos Estados Unidos a única forma de gañar a vida foi coas aparicións públicas. Converteuse instantaneamente nunha celebridade ao chegar a Nova York en febreiro de 1953, empregando a súa fama para defender as persoas transxénero con franqueza e enxeño.
Jorgensen traballou como actriz e artista de cabaré e gravou varias cancións.
Na cultura popular Os carteis do filme de Ed Wood Glen or Glenda (1953), tamén coñecido como I Changed My Sex e I Led Two Lives, publicitaron o filme como baseado na vida de Jorgensen. Orixinalmente o produtor George Weiss ofreceulle aparecer no filme, pero rexeitouno.
En 1970 a súa vida foi levada á pantalla grande no filme The Christine Jorgensen Story, do director Irving Rapper, baseándose para o guión nas súas memorias. Foi encarnada polo actor John Hansen de adulta e por Trent Lehman aos sete anos.
A historiadora e crítica teórica transxénero Susan Stryker dirixiu e produciu un filme documental experimental sobre Jorgensen, Christine in the Cutting Room. En 2010 tamén presentou unha conferencia na Universidade Yale titulada "Christine in The Cutting Room: Christine Jorgensen Transsexual Celebrity and Cinematic Embodiment".
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Artigo na BBC, novembro de 2012 A Tribute Photo Gallery and Summary GLTBQ.com article: Christine Jorgensen Edinburgh Festival Fringe 2005: Christine Jorgensen Reveals Christine Jorgensen Website, with newsreel footage, songs, and other performances Christine Jorgensen , A Transsexual Media Sensation, Transgender Zone Media Archives
Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 1989 Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Artistas de cabaré Categoría:Finados por cancro Categoría:Persoas trans