João Bermudes, nado no reino de Galiza e finado en Lisboa en 1570, foi un médico cirurxián, clérigo, militar ao servizo do reino de Portugal, e papa da Igrexa Etíope Tewahedo e o primeiro en usar o título de Patriarca das Indias Orientais, (despois Patriarca da Etiopia, pasando aquel a ter sé en Goa). Foi tamén chamado Joan Bermudis, Joan Bermudish, Juan Bermúdez, master ou mestre João e patriarca Johannes

Traxectoria O galego João Bermudes dirixiu unha expedición portuguesa a Etiopía en 1520, permanecendo alí prisioneiro até 1536, ano no que foi autorizado para regresar a Portugal como enviado do emperador etíope Lebna Dengel. Desde 1539 estivo en Goa, de volta en Etiopía (1541-1556) e de novo en Europa (desde 1559), despois de visitar Roma.

Foi ordenado patriarca de Etiopía e Alexandría, utilizando en relación con el por primeira vez o título de Patriarca das Indias Orientais. Ignacio de Loiola pedira informes sobre Joãn Bermudes (Juan Bermúdez na transcrición castelá), e el mesmo quixo dirixir a Misión en Etiopía, porén Xoán III pediu a Clemente VII que nomease a Nunhes de Barreto, xunto cos bispos Oviedo e Carneiro (que eles mesmos serían patriarcas de Etiopía).

Sobre a vida deste cirurxián e aventureiro galego en 1760 o párroco de São Sebastião da Pedreira, escribiu o seguinte:

Publicou un relato da súa estancia na corte etíope, titulado: Breve relação da embaixada que o Patriarca D. João Bermudes trouxe do Imperador de Etiópia chamado vulgarmente Preste João (1565).

Morreu en 1570 na cidade de Lisboa, sendo sepultado nunha humilde tumba que construíra fóra da capela de San Sebastián (hoxe São Sebastião da Pedreira), entón vila rural nos arredores de Lisboa.

Cando se construíu a actual igrexa de São Sebastião en 1653, os seus restos foron trasladados á nova igrexa, e na súa tumba colocouse a seguinte inscrición, acompañada do brasón de armas respectivo: TUMBA DA PATRIARCA D'ALEXANDRIA//DOM JOÃO BERMVDES FALECEO NO ANO // DE 1570 TRASLARÃO OS ÓSSOS EM // 16 DE OUTUBRO DE 1653. A carta que autoriza a consagración da nova igrexa menciona que o corpo do patriarca Dom João Bermudes, que se atopa na antiga igrexa, fora trasladado ao citado presbiterio. Aínda que o lugar sinalado estaba no presbiterio, a tumba do Patriarca non estaba alí, senón na parte baixa da escalinata de entrada ao mesmo, onde aínda está.

Cando se levantou o chan da igrexa en 1954, foi visíbel o sepulcro de D. João Bermudes, e a inscrición foi lida polo académico José Maria Cordeiro de Sousa. O prior monseñor António de Oliveira Reis ordenou entón a apertura do túmulo para o exame dos ósos, comprobando que nel estaban enterradas varias persoas, consignando por escrito o feito autodatado do 14 de setembro de 1954.

Na igrexa de São Sebastião da pedreira tamén había unha imaxe de Nossa Senhora da Saúde, traída de Roma en 1539 por D. João Bermudes, Patriarca das Indias.

Obras publicadas

"Esta he hua breve relação da embaixada que o Patriarcha D. João de Bermudez trouxe do Imperador de Ethiopia chamado vulgarmente Preste João ao christianissimo & zelador da fee de Christo Rey de Portugal dom João o terceiro deste nome: dirigida ao mui alto & poderoso, de felicissima esperança, Rey tãbem de Portugal dom Sebastião, o primeiro deste nome. Em a qual tãbem conta a morte de dom Christouam da Gama: & dos successos que acontecerã aos portugueses que forão em sua companhia". En Lisboa, na casa de Francisco Correa, Impresor do Cardeal Inffante. Ano de 1565. 80 f. (reimpresa en Lisboa, 1875).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Michel van Esbroeck, Art. Bermudes, João. In: Lexikon für Theologie und Kirche, 3. ed., vol. 2 (1994) p. 263. Sandra Rodrigues de Oliveira, La Mission de João Bermudes en Éthiopie: Étude et traduction de la Breve relação da embaixada que o Patriarcha dom João Bermudez do Emperador da Ethiopia, chamado vulgarmente Preste João, de João Bermudes, 1565, Mémoire de maîtrise, dir. Bertrand Hirsch, 2005, 193 f.

Ligazóns externas Carta do Pároco de S. Sebastião da Pedreira, Urbano José de Meio Pinto da Silva, enviada ao Cardeal Patriarca en 1760. Patriarcas de Etiopía, en GCatholic.org

Categoría:Bispos católicos de Portugal Categoría:Personalidades da relixión de Portugal Categoría:Nados en Galicia