Imatran Ketterä, ou simplemente Ketterä, é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Imatra (Finlandia). Na tempada 2021-22 competía na segunda categoría do hóckey sobre xeo finlandés, a Mestis, da que se proclamou campión en dúas ocasións (2019 e 2021). Foi fundado en 1957 e xoga os seus partidos como local no OmaSp Areena, un pavillón con capacidade para 1 200 persoas.
Historia O primeiro partido de hóckey sobre xeo de Carelia do Sur disputouse en Imatra o 7 de marzo de 1937 nun evento no que tamén se practicou patinaxe artística. Once anos despois, en 1948, chegou á cidade dende Hämeenlinna Pentti Saksanen, quen se converteu no profesor de educación física no Imatran lyseo. Ao mesmo tempo Saksanen levou á cidade un novo deporte de xeo, o bandy. En 1952 construíuse a primeira pista para hóckey sobre xeo.
O 11 de abril de 1957 Pentti Hytönen, Reino Ikävalko, Einari Hatakka e Toivo Nostolahti asinaron a acta d fundación do Ketterä, que ese mesmo ano comezou a competir na liga rexional baixo a dirección de Erkki Pörsti. O primeiro gol do equipo foi anotado por Olavi Sintonen.
O 27 de marzo de 2026, a asemblea xeral de Imatran Ketterä Oy decidiu solicitar unha licenza para disputar a tempada 2026-27 da Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo masculino de Finlandia, xunto cos Jokerit, que xa recibiran unha licenza e contra os que o club de Ketteä estaba a disputar as finais da Mestis. O club afirmou que contaría para esa tempada cun orzamento aproximado de 3,3 millóns de euros, dos cales 1,33 millóns estarían destinados aos xogadores. O equipo de Imatra revelou que levaba dende xaneiro dese mesmo ano traballando co comité de licenzas da Liiga para conseguir unha praza na competición a pesar de non contar cun pavillón que cumpra coas esixencias de capacidade que impón a Liiga. Unha das dificultades ás que tiña que facer fronte o equipo de Imatra é a capacidade do seu pavillón, xa que a Liiga establece que os pavillóns deben ter unha capacidade mínima para 4 000 persoas (2 500 sentadas), mentres que o OmaSp Areena conta con tan só 1 300 (800 sentadas), ao respecto o presidente do club sinalou que o Ketterä podería disputar algúns partidos no pavillón de Kisapuisto en Lappeenranta, aínda que tamén sería posible que a Liiga concedera ao equipo unha licenza con excepción para permitirlle participar na competición.
Pavillón
miniatura|Esterior do OmaSp Areena. O Ketterä xoga os seus partidos como local no Imatran jäähalli, coñecido dende 2021 por motivos de patrocinio como OmaSp Areena logo de que o equipo asinara un contrato de catro anos con Oma Säästöpankki. O pavillón foi inaugurado en 2011 con capacidade para 1 200 persoas.
Os mellores rexistros de asistencia aos partidos do Ketterä foron na tempada 2017-18, cando o equipo debutou na Mestis e tivo unha entrada media de 943 persoas. Nas seguintes tempadas a afluencia de público estabilizouse nas 700 persoas, mentres que na tempada 2021-22 o número de asistentes reduciuse ata as 412 persoas.
Personalidades Xogadores Líderes históricos Jari Lippojoki é o líder histórico indiscutible do equipo ao ser o xogador que máis partidos disputou coa camisola de Ketterä, o que máis goles anotou, o que máis asistencias repartiu e o xogador co mellor rexistro de puntos nas 15 tempadas que xogou no equipo de Imatra, que o convirten ademais no xogador que máis tempadas permaneceu no equipo, con tres máis que Matti Tiainen, segundo xogador que máis partidos e tempadas disputou con Ketterä.
Líderes históricos do Ketterä Xogador Pos PX G A Pts Jari Lippojoki D 580 271 315 586 Matti Tiainen F 355 158 179 337 Esa Takala D 305 62 98 160 Veli-Matti Heino F 302 159 207 366 Jose Pekkala F 299 176 296 472
Números retirados Ao longo da súa historia, o Ketterä de Imatra retirou tres números en honor a outros tantos xogadores pola súa traxectoria destacada no equipo:
Números retirados do Ketterä Nº Nome Posición Carreira Ref. 9 Jose Pekkala C 1981-19851988-1993 10 Ole Renlund D 1966-1967 24 Jari Lippojoki D 1982-1997
Adestradores Dende a súa fundación en 1957 pasaron polo Ketterä máis de trinta adestradores. O primeiro encargado de dirixir o equipo foi Erkki Pörsti, que ademais é o que máis tempo estivo no cargo xunto co que foi o segundo adestrador do equipo de Imatra, Ole Renlund, ambos cun total de oito tempadas cada un. Con todo, foi con Maso Lehtonen con quen o equipo acadou os seus maiores éxitos, os dous primeiros campionatos da Mestis (2019 e 2021), e dúas Suomen Cups (2018 e 2019). A continuación todos os adestradores do Ketterä:
Adestradores do Ketterä Nome Período Erkki Pörsti 1957-65 Ole Renlund 1965-73 Pekka Myllylä 1973-74 Teuvo Myyryläinen 1974-76 Pertti Mustonen 1976-79 Heikki Juselius 1979-84 Jaakko Palsola 1984-85 Timo Mansikkamäki 1985-86 Gary Prior 1986-88 Kari Weckström 1988-90 Gary Prior 1990-91 Esko Purolahti 1991 Matti Kettunen 1991-93 Heikki Mälkiä 1993-95 Jorma Räisänen 1995-96 Jari Lifländer 1996 Kari Mäkitalo 1996-97 Esko Purolahti 1997-99 Jari Lifländer 1999-2002 Timo Ovaska 2002-03 Esa Puuska 2003-06 Jouko Viljakainen 2006-07 Kari Weckström 2007-10 Jussi Salo 2010-12 Juha Tynkkynen 2012 Sami Rossi 2012-13 Jarno Mensonen 2013-14 Jari Lifländer 2014-2015 Jarno Mensonen 2015-2017 Maso Lehtonen 2017-2021 Tuomo Ropo 2021-2023 Kari Martikainen 2023-2024 Janne Tuunanen 2024-2026 Teemu Asikainen 2026-
Presidentes Logo da fundación do equipo Reino Ikävalko foi nomeado como primeiro presidente do mesmo, posto no que permaneceu catro anos. A persoa que máis tempo presidiu o Ketterä foi Tuomo Männistö, entre o ano 2000 e o 2011. A continuación a lista completa cos máis de vinte presidentes da entidade de Imatra e o período no que a presidiron:
Presidentes do Ketterä Nome Período Reino Ikävalko 1957-61 Seppo Nenonen 1961-62 Ilmari Raunio 1962-63 Eino Repo 1963-65 Pekka Heino 1965-68 Yrjö Hämäläinen 1968-69 Seppo Soila 1969-71 Ossi Pihlman 1971-72 Martti Pitkänen 1972 Olli Jankola 1972-74 Niilo Katainen 1974-76 Heikki Ritvasalo 1976-78 Juhani Neimala 1978-81 Eero Laine 1981-83 Harri Kouvonkorpi 1983-84 Heikki Tanninen 1984-86 Markku Kälviäinen 1986-89 Jarmo Miettinen 1989-92 Tuomo Männistö 2000-11 Jarmo Johansson 2011-13 Mikko Partanen 2013-
Palmarés Trofeos colectivos Mestis A Mestis-pokaali (Copa Mestis) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e, polo tanto, campión da Mestis. É o trofeo principal da competición. O equipo gañou o trofeo tres veces: 2019, 2021, 2022
Suomen Cup Campión: 2018, 2019, 2021
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Ketterä