A batalla de Poitiers, tamén chamada batalla de Tours, tivo lugar no 10 de outubro de 732, no marco da invasión musulmá da Galia. Resultou na vitoria das forzas francas e aquitanas, lideradas po Carlos Martel, sobre as forzas do Califato Omeia, dirixidas polo gobernador de Al-Andalus Abd al-Rahman ibn Abd Allah al-Ghafiqi, preto da cidade de Tours, na actual Francia. Moitos historiadores consideran esta batalla o inicio da fin da expansión musulmá en Europa.
Batalla Durante a batalla, os francos derrotaron o exército musulmán e al-Ghafiqi resultou morto. Esta batalla freou a expansión musulmá cara ao norte dende a Península Ibérica e é considerada por moitos historiadores coma un acontecemento de grande importancia histórica, ao impedir a invasión de Europa por parte dos musulmáns e preservar o cristianismo como a fe dominante durante un período en que o islam estaba sometendo gran parte dos territorios do Imperio Romano do Oriente e acabara por conquistar o Imperio Sasánida, expansión que comezou en 632 tras a morte de Mahoma.
Datación As fontes desta batalla son dubidosas, posto que as fontes musulmás de Al-Andalus da época a situaron ao redor do 732 pero a Crónica de 754, cristiá e contemporánea, suxeriu que a batalla se produciu a finais de 733 o 734, probablemente en outubro.
Localización Pese á grande importancia asignada a esta batalla, o lugar exacto onde tivo lugar é descoñecido. Moitos historiadores asumen que os dous exércitos se atoparon nun punto onde os ríos Clain e Vienne conflúen entre Tours e Poitiers.
Notas
Categoría:Batallas do século VIII Categoría:732 Categoría:Historia medieval de Francia Categoría:Historia de Francia do século VIII Categoría:Francos Categoría:Dinastía omeia