James Ross Snowden, nado en Chester, Pensilvania, o 9 de decembro de 1809, e finado en Hulmeville, no mesmo Estado, o 21 de marzo de 1878, foi un xurista e político estadounidense que ocupou o cargo de director da Casa da Moeda dos Estados Unidos (US Mint), de 1853 a 1861.

Traxectoria

Primeiros anos e formación James Ross Snowden naceu en Chester, Pensilvania, o 9 de decembro de 1809, fillo de Sarah Gustine e do reverendo Nathaniel Randolph Snowden."Snowden, James Ross". En Wilson, J. G.; Fiske, J. (eds.) (1900). Páxinas 602-603."James Ross Snowden. Director of the Mint". En Failor, K. M.; Hayden, E. (1969). Medals of the United States Mint. US Government Printing Office. Páxinas 132-133. A familia descendía de John Snowden, quen en 1678 abandonara Nottinghamshire, en Inglaterra, para se asentar no que posteriormente sería a cidade de Filadelfia."Snowden, James Ross". En Malone, D. (ed.) (1935).

Formouse no Dickinson College, onde o seu pai traballaba como conservador, e posteriormente estudou tamén Dereito nun despacho de Carlisle. Habilitouse para o exercicio da avogacía aos 19 anos.

Participou tamén na milicia do Estado, na que foi coronel dun rexemento local. En 1845 presidiu a convención militar do Estado en Harrisburg.

Dereito e política En 1830 fixou a súa residencia en Franklin, no mesmo Estado de Pensilvania, e nesa cidade foi nomeado fiscal xeral adxunto. En 1838 resultou elixido representante na Cámara Lexislativa de Pensilvania, e actuou como voceiro no período 1842-1844."House speaker Biographies: James Ross Snowden ". Pennsylvania House of Representatives.

Tamén acadou o posto de tesoureiro do Estado de Pensilvania entre 1845 e 1847.

Director da Casa da Moeda dos EEUU

Entre 1847 e 1850, Snowden foi nomeado tesoureiro da Casa da Moeda dos Estados Unidos e ocupou tamén o cargo de axudante do secretario do Tesouro, en Filadelfia. En 1853, o presidente Franklin Pierce nomeouno director da Casa da Moeda, logo do falecemento de Thomas M. Pettit, posto do que dimitiu en maio de 1861.

A partir dese ano foi nomeado protonotario do Tribunal Supremo de Pensilvania, cargo que exerceu durante 12 anos, ata 1873, cando dimitiu do cargo para se dedicar integramente ao exercicio da avogacía.

No seu período ao servizo da US Mint, Snowden desenvolveu o seu interese pola numismática e chegou a se converter nun reputado numismático do seu tempo. Contribuíu ao coñecemento nesta área coa publicación de diversos artigos e monografías, ademais da confección de sete informes anuais da actividade da Casa da Moeda.

Vida persoal Snowden casou con Susan Engle Patterson o 13 de setembro de 1848 e xuntos tiveron dous fillos e tres fillas.

O seu bisavó, Nathanael Fitz Randolph, foi un destacado participante na Guerra da Independencia.

O seu sobriño, A. Loudon Snowden (1835-1912), foi embaixador en España e superintendente da Casa da Moeda de Filadelfia, unha das delegacións da US Mint.

James Ross Snowden finou na súa casa de Hulmeville, no Estado de Filadelfia, o 21 de marzo de 1878. O seu corpo foi soterrado no cemiterio Laurel Hill, de Filadelfia."James Ross Snowden". Find a Grave.

Publicacións James Ross Snowden contribuíu con artigos sobre a moeda dos Estados Unidos e sobre outros aspectos da numismática no Bouvier's Law Dictionary e no National Almanac de 1873. Ademais é autor de diversos traballos monográficos:"Snowden, James Ross 1809-1878". WorldCat Identities.

Monografías

(1839). Report of the committee appointed to enquire into the causes of the disturbances at the seat of government, in December, 1838. Harrisburg, Filadelfia. (1857). A measure proposed to secure a safe treasury and a sound currency. Mifflin, Filadelfia. (1858). Instructions Relative to the Transaction of Business at the Mint of the United States and Its Branches. Mifflin, Filadelfia. (1859). The laws relating to the Mint of the United States and its branches. Mifflin, Filadelfia. (1860). A description of ancient and modern coins, in the Cabinet Collection at the Mint of the United States. Lippincott & Co., Filadelfia (1861). A description of the medals of Washington, of National and Miscellaneous Medals. Lippincott & Co., Filadelfia. (1864). The Coins of the Bible, and its Money Terms. Presbyterian Publications, Filadelfia. (1867). The Cornplanter Memorial. An historical sketch of Gy-ant-wa-chia - The Cornplanter, and of the six nations of Indians. Harrisburg, Filadelfia. (1870). International coinage. Lippincott's Magazine, Filadelfia.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Malone, D. (ed.) (1935). Dictionary of American Biography. Vol. 17. Charles Scribner's Sons, Nova York. Wilson, J. G.; Fiske, J. (eds.) (1900). Appletons' Cyclopædia of American Biography. Appleton, Nova York.

Outros artigos

Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos

Categoría:Nados en 1809 Categoría:Finados en 1878 Categoría:Nados no condado de Delaware, Pensilvania Categoría:Directores da Casa da Moeda dos Estados Unidos Categoría:Políticos dos Estados Unidos de América Categoría:Xuristas dos Estados Unidos de América Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América