Mary Eileen McDonnell, nada en Wilkes-Barre (Pensilvania), o 28 de abril de 1952, é unha actriz estadounidense.
Traxectoria McDonnell naceu en Wilkes-Barre, Pensilvania, e creceu en Ithaca, Nova York. É filla de Eileen (de solteira Mundy) e John "Jack" McDonnell, asistente informático. Os seus irmáns son Jane, Sally, Judith, Jackie e John.Family Search, consultado o 8/16/2014 É de ascendencia irlandesa. Tras graduarse da State University of New York at Fredonia, estudou arte dramática e uniuse ao Long Wharf Theatre de New Haven, Connecticut.
McDonnell gañou un premio Obie á mellor actriz en 1981 polo seu traballo na obra Still Life. En Broadway, participou en produción de Execution of Justice, The Heidi Chronicles e Summer and Smoke.
Despois de máis de vinte e un anos de traballo no teatro e na televisión, McDonnell revelouse no cinema en 1990 interpretando a filla duns colonos estadounidenses criada polos síux en Dances with Wolves, de Kevin Costner. Interpretaba a filla adoptada pola personaxe de Graham Greene con 37 anos, só dez meses máis nova que Greene e menos de dous anos máis nova que Tantoo Cardinal, que interpretaba a súa nai adoptiva. Foi candidata ao Óscar á mellor actriz secundaria por este papel. O seu papel en Passion Fish (1992) proporcionoulle outra candidatura ao Óscar, nesta ocasión á mellor actriz.
Na televisión, McDonnell tivo o seu primeiro papel recorrente en 1980 na telenovela As the World Turns. Protagonizou en 1984 a comedia médica de pouco éxito E/R e por coincidencia tamén apareceu en 2001 na serie médica da NBC do mesmo título ER, pola que foi candidata ao Emmy polo seu papel de Eleanor Carter. Interpretou a Dra. Virginia Dixon, cirurxiá con síndrome de Asperger en tres capítulos de Grey's Anatomy en 2008 e 2009. En 2003, McDonnell protagonizou a miniserie Battlestar Galactica como Laura Roslin. A miniserie deu lugar a unha serie semanal en que McDonnell volveu interpretar o papel de Laura Roslin. A serie rematou en marzo de 2009. McDonnell participou nunha sesión especial titulada Battlestar Galactica no World Science Festival de 2009.Battlestar Galactica World Science Festival, Xuño 10–14, 2009, Nova York
En 2011, interpretou o papel de Kate Roberts, nai de Emma Roberts en Scream 4.
De 2009 a 2012, McDonnell tivo un papel recorrente en The Closer como capitán Sharon Raydor, capitán de policía na Force Investigation Division, que ás veces se enfronta á personaxe de Kyra Sedgwick. McDonnell recibiu unha candidatura ao Emmy en 2011 por ese papel.
Despois da temporada final de The Closer en 2012 a personaxe de McDonnell continuou como protagonista do spin-off, Major Crimes, que se estreou o 13 de agosto de 2012 e rematou en xaneiro de 2018.
Vida persoal McDonnell casou co actor Randle Mell e xuntos tiveron dous fillos, Michael e Olivia. En decembro de 2021 a parella rematou a súa relación.
Filmografía Ano Título Personaxe Notas 1984 Garbo Talks Lady Capulet 1987 Matewan Elma Radnor 1988 Tiger Warsaw Paula Warsaw 1990 Dances with Wolves Stands with a Fist 1991 Grand Canyon Claire 1992 Passion Fish May-Alice Culhane 1992 Sneakers Liz 1994 Blue Chips Jenny Bell 1996 Independence Day First Lady Marilyn Whitmore 1996 Mariette in Ecstasy Prioress 1997 Woman Undone Terri Hansen 1998 You Can Thank Me Later Diane 1999 Mumford Althea Brockett 2001 Donnie Darko Rose Darko 2003 Nola Margaret Langworthy 2004 Crazy Like a Fox Amy Banks 2011 Scream 4 Kate Roberts 2011 Margin Call Mary Rogers 2021 The Witcher: Nightmare of the Wolf Lady Zerbst Voz
Notas
Categoría:Nados no condado de Luzerne, Pensilvania Categoría:Nados en 1952 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Pensilvania Categoría:Estadounidenses de ascendencia irlandesa