A glicoforina E ou GYPE é unha proteína que en humanos está codificada polo xene GYPE do cromosoma 4.

A proteína codificada neste xene é unha sialoglicoproteína e unha proteína de membrana de tipo I. É un membro da familia xénica dos xenes GYPA e GYPB. Esta proteína pode levar antíxenos do grupo sanguíneo M. Os tres xenes GYPA, GYPB e GYPE están dispostos en tándem no cromosoma 4. Este xene puido derivar dun xene ancestral común co xene GPB por medio de duplicación xénica. Neste xene describíronse dous transcritos variantes de empalme alternativo que codifican esta mesma proteína.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Glicoforina

Bibliografía

Categoría:Proteínas de membrana