O Taijin kyofusho (対人恐怖症 Taijin kyōfushō, TKS, traducido literalmente como trastorno do medo ás relacións interpersoais) é unha síndrome psiquiátrica específica da sociedade xaponesa.http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/520018

O Taijin kyofusho descríbese comunmente como un subtipo de trastorno de ansiedade (fobia social) no que o suxeito afectado teme e evita calquera contacto social. Con todo, en lugar dun temor a sentir vergoña de si mesmas ou a seren xulgadas por mor da súa ineptitude social, as persoas que sofren de Taijin kyofusho describen máis ben un medo a ofender ou prexudicar a outras persoas. O enfoque da evitación é, daquela, impedir danar as demais persoas, e non tanto evitar danarse a si mesmas.

O doutor Shoma Morita describe a condición como un círculo vicioso de xuízos e reproches cara á propia persoa. Pode ocorrer en individuos de temperamento hipocondríaco ou escrupuloso.

Diagnóstico Unha persoa pode ser diagnosticada de Taijin Kyofusho (TKS) se se cre que as súas actitudes, comportamento ou características físicas non son as adecuadas nas situacións sociais. Como resultado destes sentimentos experimentan un medo acusado e sufrimento persistente en forma de angustia, ansiedade, vergoña e outros sentimentos de tensión ante diversas circunstancias sociais. Amais, estas persoas preocúpanse por non poder manter relacións saudábeis coas demais. Evitan as situacións sociais e interpersoais potencialmente ansióxenas, dolorosas e embarazosas, ao tempo que son remisas a tentalo.https://web.archive.org/web/20121023174214/http://www.stanford.edu/~fumiko/publications.files/Maeda_1999JPsychosomRes.pdf Understanding taijin kyofusho through its treatment, Morita therapy

No sistema de diagnóstico oficial xaponés, o TKS subdivídese nas seguintes categorías:

Sekimen-kyofu: fobia a ruborizarse (eritrofobia). Shubo-kyofu: fobia a ter un corpo deformado, do mesmo xeito que no trastorno dismórfico corporal. Jikoshisen-kyofu: fobia a manter contacto visual. Jikoshu-kyofu: fobia a ter mal olor corporal (síndrome de referencia olfactiva, bromidrosifobia, osmofobia, olfactofobia).

O Taijin kyofusho, a diferenza do trastorno de ansiedade social, non se detalla no DSM IV, o que é obxecto de debate. Con todo, os síntomas indicativos de TKS téñense atopado en pacientes nos Estados Unidos.http://www.sciencedirect.com/science/article/pii/0887618590900255

Tratamento O tratamento habitual para o Taijin kyofusho é a «Terapia Morita». Foi desenvolvida polo Dr. Shoma Morita na década de 1910 para tratar as desordes mentais xaponesas Taijin kyofusho e shinkeishitsu (nerviosismo).

O réxime orixinal consistía no illamento do paciente, o repouso forzado na cama, a escritura dun diario, o traballo manual e conferencias sobre a importancia da auto-aceptación e o esforzo positivo. Desde a década de 1930, o tratamento modificouse para incluír pacientes extrahospitalarios e tratamentos en grupo. Esta versión modificada é coñecida como neo-terapia Morita. Morita Therapy

Os medicamentos tamén lograron unha ampla aceptación como opción de tratamento para o TKS. Actualmente emprégase o milnaciprán, un inhibidor da recaptación de serotonina e noradrenalina (IRSN), que demostrou ser eficaz tamén para o trastorno de ansiedade social.

A paroxetina tamén pode ser eficaz en ambos trastornos. Notas

Véxase tamén Outros artigos Ansiedade social Trastorno obsesivo-compulsivo Trastorno dismórfico corporal Fobia Síndrome de referencia olfactiva Escrúpulo

Categoría:Síndromes