Para o artigo referido ao seu pai, tamén director da Casa da Moeda dos EEUU, véxase Robert Patterson
Robert Maskell Patterson, nado en Filadelfia o 23 de marzo de 1787 e finado na mesma cidade o 5 de setembro de 1854, foi un químico, matemático e médico estadounidense, profesor das Universidades de Pensilvania e de Virxinia.
Patterson desempeñou o posto de director da Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1835 e 1851.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Robert M. Patterson naceu en Filadelfia o 23 de marzo de 1787, un dos oito fillos de Amy Hunter Ewing e de Robert Patterson,"Robert Maskell Patterson, M. D. Director of the Mint". En Failor, K. M.; Hayden, E. (1969). Medals of the United States Mint. US Government Printing Office. Páxina 131. un profesor de Matemáticas na Universidade de Pensilvania e director da Casa da Moeda entre 1806 e 1824,Obituario de Patterson, en Proceedings of the American Philosophical Society Held at Philadelphia for Promoting Useful Knowledge. American Philosophical Society. 6 (52): 60–65. 1854Breck, S. (1854). Páxina 8. que emigrara ás colonias de Norteamérica desde a súa Irlanda natal.
Patterson cursou os seus estudos superiores de Artes na Universidade de Pensilvania, onde se graduou en 1804. Posteriormente formouse en Medicina baixo a dirección do doutor Benjamin S. Barton, e acadou o seu doutoramento en Medicina en 1808."Robert Maskell Patterson. 1787-1854". En Addison, A. (1940). Portraits in the University of Pennsylvania. University of Pennsylvania Press. Páxina 12.Breck, S. (1854). Páxina 9.
Os anos seguintes viaxou por Europa para proseguir os seus estudos de Medicina, Matemáticas e diversas disciplinas científicas. En París formouse en1809 e 1810 con Haüy, Vauquelin, Legendre e Poisson. En 1811, en Inglaterra estudou Química con Humphry Davy.Breck, S. (1854). Páxinas 9-11.
Carreira académica e científica De regreso nos Estados Unidos en 1812, acadou un posto como profesor de Matemáticas, Filosofía Natural e Química na Universidade de Pensilvania, que mantivo ata 1828, cando se trasladou a exercer a docencia na Universidade de Virxinia.
En 1834 foi elixido membro asociado da Sociedade das Artes e das Ciencias dos EEUU,"Members: Robert Maskell Patterson". American Academy of Arts & Sciencies. e o ano seguinte deixou a universidade e regresou a Filadelfia para ocupar o posto de director da US Mint.Breck, S. (1854). Páxina 14. En 1836, un comité da Sociedade Filosófica Americana pediulle que redactase un breve informe para as observacións astronómicas e físicas que debería levar a cabo a Expedición Exploradora dos Estados Unidos, que partiu en 1838. Patterson foi a persoa máis nova en formar parte da Sociedade Filosófica Americana, con só 22 anos, en 1809."Member History (2)". American Philosophical Society. Despois foi secretario e da sociedade en 1813, vicepresidente en 1825 e finalmente presidente a partir de 1849.Breck, S. (1854). Páxinas 12-13.
Robert M Patterson interesouse sinaladamente pola cifraxe e intercambia adoito correspondencia cifrada con Thomas Jefferson. Un dos seus escritos cifrados, incluído nunha carta datada o 19 de decembro de 1801 dirixida a Jefferson, non foi descifrado ata 2007, por Lawren Smithline.Lambert, C. (2009). "Coded to Last. Jefferson's Conundrum". En Harvard Magazine. Xullo-agosto. O texto cifrado, que consta de sete bloques de díxitos e que se descifra desencriptando sete bloques á vez, é a Declaración de Independencia, da que Jefferson fora o principal autor."Encrypt text like Robert Patterson. An explanation and a demonstration of the Patterson cipher". En Magicode.org. 3 de xullo de 2009. Patterson considerábaa a súa "cifraxe perfecta" e Jefferson considerou a posibilidade de adoptala para uso gobernamental.Silverman, R. E. (2009). "Two Centuries On, a Cryptologist Cracks a Presidential Code". En The Wall Street Journal. 2 de xullo.
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos
Robert Maskell Patterson foi nomeado director da Casa da Moeda dos Estados Unidos polo presidente Andrew Jackson, e o nomeamento foi confirmado polo Senado o 5 de xaneiro de 1835. Patterson ocupou o posto durante 15 anos, xa que dimitiu por problemas de saúde en xullo de 1851. O seu pai xa ocupara o mesmo posto entre 1806 e 1824, e o seu predecesor inmediato fora o seu cuñado, Samuel Moore (1824-1835)."U. S. Mint Medals Presented to Mint Director Robert M. Patterson". NGC Collectors Society. 27 de novembro de 2012.
Durante o seu mandato introduciuse na ceca a enexía de vapor e outras innovacións que igualaron a calidade da cuñaxe coa das casas de moeda máis prestixiosas de Europa. Patterson supervisou tamén a saída á circulación de varias emisións novas, como os vinte dólares e o dólar de ouro en 1849 e 1850, ou a moeda de tres centavos en 1851.
Vida familiar Patterson casou o 20 de abril de 1814 con Helen Hamilton LeiperBreck, S. (1854). Páxina 12. (1792-1874) filla de Thomas Leiper, un comerciante e político local que participara na Guerra de Independencia.
A doenza que o obrigara a dimitir como director da Casa da Moeda causoulle a morte o 5 de setembro de 1854. O seu corpo foi soterrado no cemiterio Laurel Hill, de Filadelfia."Robert Maskell Patterson". Ancestry.com
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Breck, S. (1854). A short biography of Robert M. Patterson, M.D. Clark & Son. Filadelfia.
Outros artigos
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos
Ligazóns externas
Robert Maskell Patterson papers, 1775-1853 (American Philosophical Society)
Categoría:Nados en 1787 Categoría:Finados en 1854 Categoría:Nados en Filadelfia, Pensilvania Categoría:Directores da Casa da Moeda dos Estados Unidos Categoría:Químicos dos Estados Unidos de América Categoría:Médicos dos Estados Unidos de América Categoría:Matemáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade de Pensilvania Categoría:Profesores da Universidade de Pensilvania Categoría:Profesores da Universidade de Virxinia Categoría:Membros da Academia das Artes e das Ciencias dos Estados Unidos de América