Donald Alan Thomas, nado en Cleveland, Ohio, o 6 de maio de 1955, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-65, STS-83, STS-70 e STS-94.

Traxectoria Thomas graduouse en física pola Universidade Case Western Reserve en 1977 e ten un máster e doutoramento en ciencia de materiais pola Universidade Cornell en 1980 e 1982 respectivamente. Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xaneiro de 1990, participando nas misións STS-65, STS-83, STS-70 e STS-94. Pasou un total de 43,34 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-65 STS-83 STS-70 STS-94

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1955 Categoría:Nados en Ohio