Antonio Seisdedos Varela, nado na Coruña o 27 de novembro de 1929, é un exfutbolista galego, que xogaba como extremo e como lateral esquerdo.

Traxectoria Nado na Coruña, comezou xogando nos Salesianos, pasando logo ao Victoria. Máis tarde fichou polo Bergantiños, da Serie A galega, e posteriormente polo Berbés, da Terceira División, nunha época na que xogaba habitualmente como extremo. Co equipo vigués debutou na Copa do Xeneralísimo, disputando a primeira rolda da edición 1948/49.

A continuación foi destinado ao norte de África para realizar o servizo militar, e alí fichou polo Atlético Tetuán, que por aquel entón militaba na Segunda División española, ao ser Tetuán parte do Protectorado Español de Marrocos. Debutou na categoría de prata nun encontro fronte ao Melilla e durante esa tempada comezou a xogar tamén como lateral esquerdo. Rematou a campaña como campión, ascendendo así a Primeira División. Debutou na máxima categoría o 14 de outubro de 1951, nun partido contra o Las Palmas no estadio Insular. Non puido lograr a permanencia e despediuse do club marroquí cun total de 38 partidos.

Na tempada 1952/53 xogou cedido no Algeciras, e en maio de 1953 asinou co Sevilla, da Primeira División. Militou dous anos no club andaluz, tendo como adestrador ao arxentino Helenio Herrera, e en 1955 fichou polo Cádiz, de Segunda. Posteriormente xogou de novo no Algeciras, e tamén no Cartagena.

Palmarés Atlético Tetuán Segunda División (1): 1950/51.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Datos do xogador en BDFutbol .

Categoría:Nados en 1929 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Futbolistas da Coruña Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Club Berbés Categoría:Xogadores do Atlético Tetuán Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores do Cádiz CF Categoría:Xogadores do Algeciras CF Categoría:Xogadores do Cartagena FC