miniatura|Aplausos do día 23 de marzo en Pamplona durante o confinamento pola pandemia de COVID-19. O aplauso polo persoal sanitario foi un xesto de aclamación, recoñecemento e gratitude cara ao persoal sanitario en homenaxe ao seu labor durante a pandemia de COVID-19 (SARS-CoV-2). A iniciativa xurdiu en xaneiro de 2020 na cidade chinesa de Wuhan, orixe da pandemia. Posteriormente estendeuse a outros países durante as corentenas e cordóns sanitarios ordenados como medidas preventivas durante a pandemia. Os primeiro país en replicar o agradecemento foi Italia, os primeiros días de marzo durante a corentena decretada polo goberno italiano o día 9 dese mes.

Descrición Consistía en brindar unha ovación a xeito de aplauso especialmente nas grandes aglomeracións urbanas, onde hai unha gran cantidade de edificios multifamiliares. Constituía unha homenaxe e agradecemento ao persoal sanitario, quen se atopaban nun alto risco de exposición ao virus, amais de promover que as persoas permanecesen nos seus fogares. Este evento filantrópico foi altamente difundido polas redes sociais e converteuse en todo un fenómeno de Internet.

Orixinalmente xurdiu por mor das aclamacións da poboación de Wuhan, que berraban jiāyóu, literalmente "bota aceite" (un modismo chinés para expresar "mantede a loita") ao persoal sanitario e á veciñanza desde as súas casas. Nun principio constaba sobre todo de aclamacións e berros de ánimo. Porén, tras a diseminación global da pandemia, pasou a ser unha actividade baseada en aplausos.

Nalgúns lugares, o xesto tamén se estendeu a outros colectivos vulnerábeis de infección, como os corpos de seguridade, as forzas armadas ou o persoal dos supermercados, entre outros.

Tamén se sumaron algunhas figuras públicas a esta iniciativa, con vídeos nas súas redes sociais aplaudindo o labor do persoal sanitario. Algunha delas foron o futbolista brasileiro Neymar e os fillos do príncipe Guillerme de Cambridge, Xurxo, Carlota e Lois, en nome da familia real británica.

Países e cidades onde se levou a cabo a iniciativa

: Bruxelas

: Santiago de Chile https://www.theguardian.com/science/video/2020/jan/28/wuhan-jiayou-chants-of-solidarity-spread-across-city-at-epicentre-of-coronavirus-video : Bogotá

http://www.cnctv.icrt.cu/2020/05/04/aplausos-por-trabajadores-de-la-salud/ : Quito : Dubai

: Bombai

https://www.aa.com.tr/es/mundo/italianos-rinden-homenaje-con-aplausos-desde-sus-balcones-a-los-trabajadores-de-la-salud/1766426 : Cidade de México https://www.efe.com/efe/america/mexico/vecinos-de-hospital-mexicano-aplauden-a-sanitarios-que-combaten-el-covid-19/50000545-4233129

: Ámsterdam : Cidade de Panamá : Asunción : Lima

: Bangkok

: Montevideo

Véxase tamén

Eu quedo na casa

Notas

Categoría:Pandemia da COVID-19