Manuel Enríquez Fernández, nado en Taramundi cara a 1878 e finado en Lugo o 29 de abril de 1937, foi un obreiro, sindicalista e político asturiano.

Traxectoria Veciño de Pacios. Directivo da UGT da Pontenova, foi vicepresidente do Sindicato Obreros Mineros Lugo-Sección Pontenova en 1923 e presidente da Agrupación Socialista Obrera La Lucha de Puentenuevo en 1936. Foi concelleiro do concello de Viloudriz. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte do comité da Fronte Popular de Vilameá e Viloudriz xunto con Ángel Pérez Gándaras, José Antonio Dopacio Mesa e Jesús Sampedro Vázquez.BOP Lugo, 11-11-1936, p. 3. Foi detido o 17 de agosto. Xulgado en Lugo por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Foi executado en Lugo o 29 de abril de 1937 con Emilio Timiraos Cervo, Eduardo Suárez García, Daniel Fernández López, Marcelino Alba Meicín, Antonio García Gómez, José María Gallo Gallo e Faustino Fernández Cartategui.El Compostelano, 30-4-1937, p. 2.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Sindicalistas da UGT Categoría:Concelleiros de Viloudriz Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia

Categoría:Nados en Taramundi Categoría:Nados en 1878

Categoría:Finados en 1937