Natalie Jeremijenko, nada en Mackay, Queensland en 1966, é unha tecnoartista e enxeñeira con formación en bioquímica, física, neurociencia enxeñería de precisión e historia e filosofía da ciencia. É un membro activo do movemento net.art e o seu traballo explora principalmente a interface entre a sociedade, o medio ambiente e a tecnoloxía. Ela define tamén o seu traballo como "X Design" (abreviatura de deseño experimental) e presentase como "thingker", unha combinación de fabricante de cousas e pensadora. En 2018 foi Artist in Residence na Universidade de Dartmouthe é actualmente unha profesora asociada da Universidade de Nova York no Departamento de Arte Visual e tamén forma parte do profesorado nos Estudos de Informática e do programa Medio Ambiente da mesma entidade.

Traxectoria Naceu en Mackay, Queensland. Foi a segunda de dez irmáns, fillos dun físico e unha profesora de escola. Os seus pais eran campións de tecnoloxía doméstica, e Jeremijenko afirma que a súa nai era a primeira muller en Australia en posuír un microondas.

É licenciada en Bioquímica e Física e ten un mestrado en lingua inglesa. Matriculouse nos estudos de doutoramento en Neurociencias e tamén nos de enxeñaría mecánica da Universidade de Stanford, pero non rematou ningunha das súa teses. Volveu máis tarde a Australia onde se doutorou en contornas de información pola Universidade de Queensland.Conta tamén cunha licenciatura (Bachelor in Fine Arts) con honores polo Real Instituto de Tecnoloxía de Melbourne.

En 1988, Jeremijenko co-fundou o Livid festival en Brisbane. Este proxecto que contou con instalacións dirixidas ás masas de xoves aprendeulle a dirixir o seu traballo cara a arte pública, fóra dos museos.

En 1995, cando era artista residente en Xerox PARC en Palo Alto, California baixo a orientación de Mark Weiser, creou unha instalación de arte feita de de cables LED que acenderon en relación á cantidade de tráfico de Internet. O traballo é agora visto como un dos primeiros exemplos de tecnoloxía ambiental ou ''de calma''.

En 2022 a directora da Environmental Health Clinic na Universidade de Nova York.

Obras

The Bureau of Inverse Technology. Película, 1993 Live Wire (Dangling String). Instalación, 1995 Voice Box. Instalación, 1996 The Corporate Imagination. Película, 1996. Suicide Box. Película, 1997Creado a través da instalación de cámaras na ponte Golden Gate, famosa por ser un lugar onde son frecuentes os suicidios. ALife Tree, 1997 Bitplane. Película, 1998. Voo do modelo aeronáutico de radiocontrol do mesmo nome sobre Sillicon Valley Onetree. Instalación, 1998Experimento público de arte conceptual para a toma de conciencia sobre temas medioambientais. Bat Billboard, 2008, con Chris Boeken. Proxecto de divulgación sobre os morcegos consistente nunha casa interactiva para morcegos que mostrarían as mensaxes baseadas nos mensaxes sonoros que os morcegos enviaban en modo texto sobre un panel. Este traballo foi exhibida no MoMA en 2011, na exposición "Talk to Me". Tree Logic Clear Skies: FaceMasks. 2004 Public Authoring & Feral Robotics. 2006 xAirport. Instalación, 2010.

Premios e recoñecementos 2014 Premio Pioneer nos premios VIDA Art and Artificial Life International. 2013 Creative Capital por BRONX OOZ 2011 Fast Company, Premio á Muller máis influente na tecnoloxía 2005 Premio I.D. magazine annual Forty (#37) 1999 Rockefeller Fellow 1999 Technology Review´s Mellores 100 mozos innovadores Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Biotech Hobbyist magazine. Revista en liña creada por Natalie Jeremijenko The Art Of The Eco-mindshift, Charla TED en outubro de 2009

Categoría:Alumnos da Universidade Griffith Categoría:Nados en 1966 Categoría:Enxeñeiros de Australia Categoría:Alumnos da Universidade Stanford Categoría:Alumnos da Universidade de Queensland Categoría:Profesores da Universidade de Nova York