Jill Farrant, nada en Suráfrica o 5 de decembro de 1960 en Modimolle, é unha bióloga e profesora de bioloxía molecular e bioloxía celular na Universidade de Cidade do Cabo, Suráfrica. É especialista en plantas reviviscentes, é dicir, que volven ao seu estado normal despois dun estado de seca prolongado ao rehidratalas.
Traxectoria Farrant obtivo a licenciatura e o doutoramento na Universidade de KwaZulu-Natal, Durban, Suráfrica. Interesouse en plantas que resucitaban cando de nena viu unha "planta morta" que revivía á vida despois de chover. Con nove anos, en 1970, Farrant escribiu no seu diario: "A planta morta nas rocas estaba viva pero papá non me crería".
Investigou a habilidade de certas especies de plantas capaces de sobrevivir sen auga durante longos períodos de tempo. "Todas as plantas -explica- teñen xenes que activan a tolerancia á desecamento, pero a maioría usan estes xenes soamente cando fabrican sementes. As plantas que resucitan poden tamén activar ou desactivar estes xenes nas súas follas e raíces sempre que a seca apareza." O obxectivo da súa investigación é atopar aplicacións que permitan o desenvolvemento de cultivos tolerantes á seca para alimentar poboacións en climas áridos e secos, especialmente en África. A súa investigación podería ter tamén aplicacións medicinais. Cre que os cultivos que poden sobrevivir longos períodos de tempo sen auga adquirirán máis importancia no momento en que o cambio climático (seca crecente) impacte na agricultura.
Na actualidade investiga o potencial de transformar a Eragrostis tef, unha herba anual, nun cultivo. As sementes de Eragrostis tef son unha fonte importante de alimento en Etiopía. Segundo Farran: "da mesma maneira que os humanos cruzaron especies a través dos séculos para crear a avea,o millo e o trigo, así tamén podemos obter plantas tolerantes á desecamento, cultivos resistentes á seca procedentes da familia Eragrostis sen ter que seguir o camiño da modificaciónx xenética."
Premios e recoñecementos
Premio NRF President para investigadores que, sobre a base de potencial excepcional demostrado no seu traballo doutoral, son posibles futuros líderes internacionais no seu campo. Medalla de Prata SAAB de Excelencia en Botánica. Membro da Royal Society of Southern Africa, da Universidade de Cidade do Cabo e da Oppenheimer Memorial Trust Foundation. Presidenta da Asociación surafricana de Botánicos (2009–2010). Premio Harry Oppenheimer Fellowship pola súa investigación en plantas que resucitan, 2010.
Premio L'Oréal-UNESCO de Mulleres na Ciencia, 2012.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Conferencia "Breaking de Walls of Famine" no Falling Walls de Berlín en 2013.
Categoría:Nados en 1961 Categoría:Científicos de Suráfrica Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Profesores da Universidade de Cidade do Cabo