Isaac Mahmood Noell, nado en La Cellera de Ter, Xirona, o 12 de abril de 1983, máis coñecido como Sak Noel, é un disc jockey, produtor, compositor e director de videoclips español. Foi cofundador e director de Moguda, unha comunidade nocturna de Cataluña. Moguda cesou operacións en 2011 cando Sak Noel fundou a súa propia empresa NOEL MUSIC.

Traxectoria Sak Noel comezou na música na adolescencia, influído polos sons electrónicos. Tras ter producido cantidade de temas para terceiros decide establecerse pola súa conta adoptando o nome artístico "Sak Noel". O seu primeiro sinxelo "Loca People (2011)" foi un grande éxito a nivel mundial acadando varios nº1 en diferentes países de entre os cales destaca o conseguido no Reino Unido (UK Official Charts), sendo o 5º artista español (e o primeiro compositor español) da historia en facelo. O remix de "Loca People" con Sensato e Pitbull "Crazy People" logra o nomeamento como Best Urban Song nos XIII Latin Grammy Awards (2012).

O sinxelo sucesor de "Loca People" chamado "Paso (The Nini Anthem)" converteuse no segundo maior éxito da carreira de Sak Noel ao lograr máis de 30 millóns de visitas en Youtube e conseguir destacar en varias listas a nivel mundial.

Despois de varios anos apartado da primeira liña regresou co sinxelo "Non Boyfriend" (2014), xunto a Mayra Veronica, conseguindo máis de 30 millóns de visitas en YouTube e converténdose nun fenómeno viral en Estados Unidos. A canción debutou no número #40 do Dance/Mix Show Airplay.

Discografía

Sinxelos

«Loca People» (2011) «Paso (The Nini Anthem)» (2011) «Where? (I Lost My Underwear)» (2012) «Party on my level» (Con Sito Rocks) (2013) «I Am The Law» (2013) «Young & Reckless» (Con Dá Beat Freakz) (2014) «No Boyfriendl» (Con Mayra Veronica) (2014) «Pinga» (Con Sito Rocks) (2015) «Trumpets» (xunto a Salvi con Sean Paul) (2016) «OMG» (2017)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial de Sak Noel

Categoría:DJs de España Categoría:Nados en 1983