Ida Holz Bard, nada en Montevideo o 30 de xaneiro de 1935, é unha enxeñeira, informática, profesora e investigadora uruguaia. Destacou por ser pioneira no campo do Internet e da computación.
Traxectoria Provén dunha familia rica xudía de orixe canadense. Entre os 18 e os 22 anos estivo en Israel, onde estivo no exército e nun kibbutz.
Cursou o preparatorio de arquitectura ao volver ao Uruguai mentres traballaba a xornada completa polo día.Anos máis tarde comezou o profesorado de matemáticas no Instituto de Profesores Artigas. Neste centro o seu profesor de Lóxica matemática convidouna a presentarse a unha proba para acceder aos cursos de IBM que ofrecía a Universidade da Républica na área de Computación, que superou.
Formou parte das primeiras xeracións de estudantes en computación uruguaios a principios dos anos 70, formados na Facultade de Enxeñaría da Universidade da República.
En 1964 casou co artista Anhelo Hernández, dedicado á pintura contemporánea, e que integrou o Taller Torres García. En 1976 a parella partiu ao exilio en México. Nese período, Holz traballou na Dirección Xeral de Política Económica e Social. Tamén traballou no Instituto Nacional de Estatística, no que chegou a ser directora da Dirección de Desenvolvemento Informático. Ofrecéronlle a dirección do instituto, pero xa decidira retornar ao Uruguai.
Concursou pola dirección do Servizo Central de Informática da Universidade da República (SeCIU), México, en 1986, e obtivo o posto. Dende esta posición Ida Holz liderou o desenvolvemento de Internet no Uruguai desde principios dos anos 90. Xogou un rol destacado no desenvolvemento e evolución das Teconoloxías da Información e a Comunicación no Uruguai. Desde 2005 estivo na dirección da Axencia de Sociedade da Información e do Coñecemento do Uruguai (Agesic). Tamén foi unha das impulsoras do Plan Ceibal.
Foi coñecida pola súa oposición nun foro celebrado en Río de Janeiro de 1991, onde os Estados Unidos e Europa pretendían impoñer a súa hexemonía no goberno da nacente rede mundial de Internet.Estivo no equipo que creou o borrador do futuro Foro Latinoamericano de Redes.
En 1994 o SeCIU instalou o primeiro nodo de Internet no Uruguai baixo a súa dirección. Ida Holz xogou un papel importante na Cooperación Latinoamericana de Redes Avanzadas (Red CLARA).
Premios e Recoñecementos
Premio á Traxectoria 2009, outorgado polo Rexistro de Direccións de Internet para América Latina e o Caribe (LACNIC) ás persoas que contribuíron ao desenvolvemento permanente de Internet. Primeira personalidade latinoamericana en ingresar ao Salón da Fama da Internet Society en 2013, unha iniciativa que honra ás persoas que foron importantes para o desenvolvemento e fortalecemento do Internet. Moña de Honra 2014 polo Consello de Educación Inicial e Primaria na Escola Pública Nº 4 José Artigas, onde a enxeñeira realizou os seus estudos primarios. A Administración Nacional de Correos emitiu selos en 2015 da serie de "Personalidades destacadas de Uruguai" dedicados a Ida Holz. Recoñecemento en homenaxe á súa carreira como pioneira de Internet no Uruguai en 2017, no marco da celebración dos 10 anos do Plan Ceibal. En 2020 foi incluída en "Uruguayas rebeldes", libro que reúne a 45 mulleres que marcaron a historia do Uruguai.
Un dos denominados "pais de internet" Vint Cerf, consultado sobre a existencia dunha "mai de internet", sinalou:
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
¿Quién es Ida Holz? 4 de outubro de 2019 en Mujeres en STEAM. Vídeo biográfico en Billiken
Categoría:Enxeñeiros do Uruguai Categoría:Alumnos da Universidade da República Categoría:Nados en Montevideo Categoría:Nados en 1935 Categoría:Informáticos Categoría:Investigadores