O Estadio Nacional Vasil Levski (en ) é un estadio situado en Sofía, capital de Bulgaria. Recibe o seu nome do revolucionario búlgaro e heroe nacional Vasil Levski, e é o segundo estadio máis grande do país. Ten capacidade para 43 230 espectadores e atópase no centro da cidade, dentro do parque máis antigo e famoso da cidade, o Borisova gradina. Nel xoga como local a selección de fútbol de Bulrgaria e dispútanse nel as finais da Copa de Bulgaria de fútbol, así como competicións de atletismo. Tamén ten sido usado para partidos da Liga de Campións do Levski Sofía, e adoitan disputarse nel os derbis entre os grandes clubs de Sofía, en lugar dos seus propios estadios.

Historia Antes da creación do actual estadio nacional, outros dous estadios estaban situados no terreo no que este se atopa. Un deles era o estadio do Levski Sofia, chamado Campo Levski (en búlgaro: Igrishte Levski) rematado en 1934, e o outro, o Estadio Yunak, construído en 1928. Este último contaba con capacidade para uns 15 000 espectadores e adoitaba albergar os partidos da selección de fútbol de Bulgaria. O Levski foi compensado pola súa perda cun terreo nos suburbios de Sofía onde se lles permitiu construír un novo estadio, o actual Georgi Asparuhov.

O estadio Vasil Levski completouse en 1953, cunha capacidade anunciada de 42 000 espectadores.Naroden Sport, número 964. 3 de xullo de 1953 . Orixinalmente só se construíu o nivel inferior de bancadas (aproximadamente a metade da altura das actuais) e, debido á irregularidade do terreo, o extremo oeste do campo e as bancadas estaban por debaixo do nivel do chan. O anel superior foi construído aproximadamente unha década despois, e as actuais torres de iluminación instaláronse a finais dos anos 60. dereita|miniatura|280x280px| Interior do estadio O estadio Vasil Levski foi usado para competicións de atletismo inmediatamente despois da súa inauguración oficial o 5 de xullo de 1953. O primeiro partido de fútbol que albergou foi un amigable entre o Dinamo Sofía e o FC Wien e, un mes despois, tamén comezou a utilizarse para os partidos de liga. O primeiro encontro internacional foi un partido de clasificación para a Copa do Mundo o 6 de setembro de 1953 contra Checoslovaquia.Naroden Sport, Números 967 e 983, 13 de xullo e 7 de setembro de 1953 . Foi ampliado en 1966 e renovado en 2002. dereita|miniatura|280x280px Conta tamén con salas de judo, ximnasia artística, baloncesto, boxeo, aeróbic, esgrima e tenis de mesa, así como unha sala de adestramento físico xeral, dúas salas de conferencias e tres restaurantes. Foi sede do Campionato Europeo de baloncesto de 1957, cuxa final entre a Unión Soviética e Bulgaria foi presenciada por 48 000 espectadores. Tamén albergou a Universíada de 1977.

Foi o lugar proposto para as cerimonias de apertura e clausura na candidatura de Sofía para os Xogos Olímpicos de inverno de 2014, que finalmente gañou Sochi.

Concertos O estadio ten acollido numerosos espectáculos musicais de varias estrelas rexionais e mundiais.

O maior concerto celebrado en Bulgaria e, polo tanto, no estadio Vasil Levski, foi o que ofreceu a estrela iugoslava do folk Lepa Brena o 24 de xullo de 1990 ante 100 000 persoas. Este récord permanece intacto ata a data. A cantante chegou ao estadio aterrando desde o helicóptero directamente ao escenario cunha corda.

A banda estadounidense de thrash metal Metallica realizou un dos maiores concertos de Bulgaria neste estadio en 2008, congregando a 50 000 persoas. A cantante Madonna actuou ante 54 000 persoas no estadio en agosto de 2009, como parte da xira Sticky & Sweet Tour. O 14 de maio de 2010, a banda de rock australiana AC/DC tocou no estadio nacional, diante de case 60.000 fans como parte do Black Ice World Tour.

Os chamados "Catro Grandes do Thrash Metal" (Metallica, Megadeth, Slayer e Anthrax) actuaron xuntos durante o Festival Sonisphere de 2010. A actuación foi retransmitida en máis de 450 salas de cine dos Estados Unidos, Europa, Canadá e América do Sur o 22 de xuño de 2010. O vídeo en directo foi publicado máis tarde en DVD e Blu-ray en outubro de 2010, co título The Big 4 Live from Sofia, Bulgaria.

Actuaron tamén no estadio ante grandes multitudes outras bandas e artistas como Rammstein, Guns N' Roses, Bon Jovi ou Slavi Trifonov.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Datos do estadio en bulgariasportbase.com . Arquivado o 13 de setembro de 2008 dende o orixinal.

Categoría:Estadios de fútbol de Bulgaria Categoría:Sofía