Manuel José García Monteagudo, nado en 1941 en Carballo e finado en Bembibre (Val do Dubra) o 16 de abril de 2004Necrolóxica en La Voz de Galicia, 17-4-2004, p. 29., foi un político e farmacéutico galego.

Traxectoria Licenciado en Farmacia, realizou tamén estudos de agricultura e economía agraria. Aveciñado en Val do Dubra e propietario dunha farmacia en Bembibre, en 1967 levou a cabo unha campaña entre os veciños do municipio dubrés acerca das vantaxes do Plan de Ordenación Rural, que derivou en enfrontamentos contra o servizo de concentración parcelaria, que supuxo a súa e mais outras detenciónsEntrevista en La Voz de Galicia ed. Santiago, 8-7-1987, p. 29..

No 1979 conformou xunta con outros veciños a Agrupación Electoral Independente, formando parte da súa candidatura nas eleccións municipais e resultando ser a segunda forza máis votada, relativamente cerca da UCD que logrou unha axustada maioría absoluta, sendo elixido concelleiro. Nas municipais de 1983 volveu ser elixido concelleiro, sendo nesta ocasión a forza a máis votada e empatando a 6 concelleiros con AP (que encabezaba o alcalde centrista saínte Celestino Pais Puga). Porén, a súa formación non logrou a alcaldía debido a que os aliancistas apoiaron o único concelleiro socialista José Pombo Grille. En outubro de 1985 integrouse xunta o seu grupo político en Coalición GalegaEntrevista en La Voz de Galicia, 28-10-1985, p. 13., sendo o candidato ó Congreso nas xerais de 1986. Posteriormente aliñaríase co sector de Pablo González Mariñas e pasaría a formar parte do PNG.

Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura do PNG á alcaldía, sendo a segunda forza máis votada por detrás de AP e logrando a alcaldía grazas a un pacto coa CPG. Nas municipais de 1991 volveu concorrer á alcaldía a través da CNG, sendo a terceira forza máis votada tralo PPdeG e o PSdeG-PSOE, aínda que houbo bastante igualdade entre ditas tres forzas. Desta forma perdeu a alcaldía fronte ó popular Juan Manuel Baleato, que a asumiu como forza máis votada. En agosto de 1992 chegouse a un pacto de goberno entre os populares e a CNG, sendo García Monteagudo portavoz do gobernoNova en La Voz de Galicia ed. Santiago, 6-8-1992, p. 30.. Presentouse ás municipais de 1995 a través da Agrupación Dubresa Independente, conseguindo tan só un concelleiro e logrando o PPdeG maioría absoluta, polo que pasou á oposición e se retirou da política ó final do mandato.

Vida Persoal Casou con Dolores Pensado Grille e tiveron 4 fillos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Val do Dubra

Categoría:Alcaldes de Val do Dubra Categoría:Alcaldes de Galicia polo PNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Carballo Categoría:Nados en 1941 Categoría:Finados en 2004 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes