A apolipoproteína C2 (tamén chamada apolipoproteína C-II ou ApoC-II entre outros nomes) é unha proteína que nos humanos está codificada no xene APOC2 do cromosoma 19.
A proteína codificada por este xene é segregada no plasma onde é un compoñente das lipoproteínas de moi baixa densidade e dos quilomicrons. Esta proteína activa o encima lipoproteína lipase nos capilares, o cal hidroliza triglicéridos e así proporciona ácidos graxos libres para as células. Mutacións neste xene causan a hiperlipoproteinemia tipo IB, caracterizada por xantomas, pancreatite e hepatoesplenomegalia, pero non incrementan o risco de padecer aterosclerose. As probas de laboratorio mostraron nestes casos unha elevación dos niveis sanguíneos de triglicéridos, colesterol e quilomicrons.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Apolipoproteínas