Centén de 1633 "100 Escudos "Centen" - Felipe IV". Numista.com"Inventario: 108085. Cien escudos". Museo Arqueológico Nacional.300x300px300x300pxAnverso: armas reais nun círculo. Á esquerda, marcas de ceca (acuaeduto) e de ensaiador "R". Á dereita, valor (100). Lenda: PHILIPVS * IIII * D * G *Reverso: cruz de Xerusalén en cuadrifolio. Lenda: HISPANIARVM * REX * 1633 *· Valor: 100 escudos.

· Data: 1633.

· Territorio: Reino de España.

· Ensaiador: Rafael Salván (marca de ensaiador: R).

· Ceca: Segovia (marca de ceca: acueduto).

· Metal: ouro.

· Diámetro: 75,50 mm.

· Grosor: 5 mm.

· Peso: 338,05 g.

O centén foi unha moeda española de ouro de gran tamaño, con valor de 100 escudos de ouro,"Centén (1)". Digalego. Dicionario de galego."Centém". Dicionário Estraviz. emitida inicialmente en 1609, baixo o reinado de Filipe III, e cuñada novamente durante os reinados de Filipe IV e de Carlos II.

Caracterización Esta moeda foi cuñada exclusivamente na Real Casa da Moeda de Segovia, a única no seu momento con capacidade para cuñar pezas deste tamaño, as meirandes da historia numismática española, grazas ás súas prensas de rolete. Tiña un peso de arredor dos 340 gramos e un diámetro de entre 75 e 76 milímetros."100 Escudos (Centén. Segovia Acueduct - AR)". Colnect.com

No seu anverso presenta o nome do monarca e o escudo do Reino de España, así como a indicación do seu valor facial e un acueduto como marca de ceca relativa ao obradoiro segoviano.Alfaro Asins, C. et al. (2009). Páxinas 47, 59. Baixo a marca de ceca amósase tamén unha inicial a modo de marca do ensaiador: "AR" (Andrés de Pedrera", "P" (Pedro Enríquez) ou "R" (Rafael Salván de Aulina)."100 escudos o centén. Real Ingenio de Segovia (1623-1659)". Fuenterrebollo.com

No reverso, o centro está ocupado pola cruz de Xerusalén, rodeada pola lenda HISPANIARUM REX e a data.

Os centéns non estaban destinados á súa circulación estándar. A súa cuñaxe, en tiraxes moi limitadas, precisaba unha licenza expresa do rei, xa que non se atopaba entre as moedas previstas na lexislación monetaria, consonte a Pragmática da Nova Estampa de 1566. Tratábase de moedas de prestixio e ostentación, concibidas para seren utilizadas como obsequios a persoeiros relevantes e como agasallos diplomáticos.

Dada a escasísima cantidade de moedas emitidas, os centéns son unhas moedas moi apreciadas no coleccionismo, cuns prezos moi elevados, as poucas veces que aparecen nunha poxa numismática. En outubro de 2009, a casa barcelonesa Áureo & Calicó sacou a poxa un exemplar correspondente á primeira emisión, de 1609, que foi adxudicado en 800.000 euros."Una moneda de dos millones de euros". En El País. 21 de outubro de 2009."Barcelona acoge la subasta de la moneda más cara acuñada en España". En 20 Minutos. 21 de outubro de 2009."Subasta 218-3. Lote 1863: Felipe III. 1609. Segovia. C. 100 escudos". Áureo & Calicó. Subastas Numismáticas, S.L.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Alfaro Asins, C. et al. (2009). Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura, Madrid. ISBN 978-84-8181-405-7. Páxinas 47-59.

Categoría:Moedas de España Categoría:Escudo (moeda) Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Moedas de ouro