A Casa da Moeda de Paquistán (en urdú: پاکستان ٹکسال ) é unha ceca pública paquistaní localizada no municipio de Shalimar Town, en Lahore. É a máis antiga das casas de moeda establecidas en Paquistán e a compañía está gobernada polo Banco Estatal do Paquistán."Pakistan Mint Lahore, Ministry of Finance". Open testing Service.

Historia A Casa da Moeda de Paquistán entrou en funcionamento en 1942 e dos seus talleres saíron as moedas do sistema da rupia paquistaní en circulación."Request For Proposals: Pakistan Mint Modernization". Lahore.nelaam.comProcura: "Pakistan Mint". Colnect.com

miniatura|Moeda divisionaria de 5 paise, cuñada na Casa da Moeda de Paquistán, en Lahore."5 paise. Pakistan 1964". Colnect.com

Os obxectos que produce non se limitan ás moedas e os billetes de Paquistán, senón que tamén se estende ás medallas oficiais, as condecoracións militares e os selos de correos do país. Así mesmo, a compañía encárgase de refinar o ouro e convertelo en barras de cinco quilogramos para o Banco Estatal de Paquistán."Pakistan Mint to be modernised". En The Express Tribune. 16 de xaneiro de 2011.

En 2010, o Goberno paquistaní comezou a planificar a modernización e a mellora da Casa da Moeda. Estes plans incluíron a cualificación dos seus traballadores e a substitución da súa maquinaria para aumentar a súa produtividade, así como a calidade dos seus produtos."Final evaluation of tender on feasibility study for modernization and restructuring of Pakistan Mint, Lahore ". Government of Pakistan, Finance Division.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Casa de moeda Cuñaxe

Categoría:Casas de moeda Categoría:Moedas de Paquistán Categoría:Empresas de Paquistán