alt=Valentina Tereshkova, primeira muller cosmonauta, lanzada pola axencia rusa do espazo.|miniatura|Valentina Tereshkova, primeira muller cosmonauta, lanzada pola axencia rusa do espazo. A Corporación Espacial Estatal "Roscosmos" (), coñecida de xeito sinxelo como Roscosmos (), é unha empresa estatal da Federación Rusa responsable dos voos espaciais, incluíndo o programa de cosmonáutica e a investigación aeroespacial.

A sede de Roscosmos atópase en Moscova, mentres que o centro espacial principal de Control da Misión está en Koroliov. O Centro de Adestramento de Cosmonautas Gagarin está na Cidade das Estrelas, tamén no óblast de Moscova. As instalacións de lanzamento usadas son o Cosmódromo de Baikonur en Kazakhstán (realizándose alí a maioría dos lanzamentos), e o Cosmódromo Vostochni no Extremo Oriente ruso no Oblast de Amur.

O director desde 2022 é Yuri Borisov. En 2015, o goberno ruso fusionou a Axgencia Espacial Federal con United Rocket and Space Corporation, industria espacial rusa renacionalizada, para crear la Corporación Espacial Estatal «Roscosmos».

Galería espacial rusa (soviética) histórica

Persoas

Naves espaciais

Vehículos de lanzamento

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Axencia Espacial Canadense ESA Administración Espacial Nacional Chinesa NASA Axencia Espacial Italiana Axencia Xaponesa de Exploración Aeroespacial

Ligazóns externas Roscosmos, sitio web .

Categoría:Astronáutica