O FC Hradec Králové é un club de fútbol checo con sede na cidade de Hradec Králové. Milita na Primeira División Checa.

Foi fundado en 1905 e conta no seu palmarés cun título da liga checoslovaca, conquistado na tempada 1959/60, e unha Copa Checa, gañada en 1995.

Disputou a Copa de Europa 1960–61, onde foi eliminado polo Barcelona nos cuartos de final, e a Recopa 1995/96 onde caeu en oitavos de final ante o Dinamo de Moscova. A partir do ano 2000 sufriu varios ascensos e descensos entre a primeira e a segunda división do fútbol checo.

Historia O Hradec Králové xogou por primeira vez na Primeira División de Checoslovaquia en 1956. Descendeu despois de dúas tempadas, pero regresou para a tempada 1959/60, na que acabou gañando a liga. Este título permitiulle participar na Copa de Europa 1960-61, onde foi eliminado polo Barcelona nos cuartos de final.

O equipo volveu descender en 1963. Posteriormente viviu catro períodos máis na Primeira División Checoslovaca ata a disolución do país en 1993. O Hradec xogou entón na nova Primeira División Checa desde o seu inicio en 1993 ata descender ao final da tempada 1999/00 . O seu mellor resultado de liga nese período foi o 8º posto, que logrou na tempada 1998/99. Durante a década de 1990 o club logrou o seu segundo título, a Copa Checa, competición que gañou en 1995, ao derrotar na final o Viktoria Žižkov. Grazas a isto o equipo clasificouse para a Recopa de Europa, onde foi eliminado en oitavos de final polo Dinamo de Moscova .

O Hradec Králové volveu á máxima categoría en 2001 tras proclamarse campión da segunda división. Despois de só dúas tempadas, o club volveu rematar nos postos de descenso e baixou de novo á segunda categoría. Pasaron sete anos antes de que o club lograse un novo ascenso, consumándose este tras gañar a segunda división 2009/10. Na tempada 2010-11 o Hradec igualou a súa mellor posición histórica na liga checa, o oitavo posto.

Nomes

1905: SK Hradec Králové 1948: Sokol Hradec Králové 1949: Sokol Škoda 1953: DSO Spartak Hradec Králové (Dobrovolná Sportovní Organisace Spartak Hradec Králové) 1976: TJ Spartak ZVU Hradec 1989: RH Spartak ZVU Hradec Králové 1990: SKP Spartak Hradec Králové 1992: SKP Fomei Hradec Králové 1994: SK Hradec Králové 2005: FC Hradec Králové

Récords de xogadores na Primeira División Checa

Máis partidos # Nome Partidos 1 Pavel Černý 162 2 Karel Podhajský 136 3 Richard Jukl 117 David Zoubek 5 Pavel Dvořák 114 6 David Kalousek 112 7 Miroslav Zemánek 111 8 Karel Urbánek 106 David Homoláč 10 Pavel Černý 97 Michal Šmarda

Máis goles # Nome Goles 1 Pavel Černý 29 Pavel Dvořák 3 Richard Jukl 22 4 František Koubek 16 5 David Breda 12

Adestradores

Jiří Zástěra (1959–1960) Oldřich Šubrt (1961–1964) Josef Bican (1964) František Havránek (1964–1966) Otto Hemele (1968–1969) Zdeněk Krejčí (1971–1973) Ladislav Moník (1977–1978) Dušan Uhrin (1980–1981) Zdeněk Krejčí (1985–1986) Karol Dobiaš (1988) Ladislav Škorpil (1991–1993) Štefan Nadzam (1993–1994) Petr Pálka (1994–1995) Luděk Zajíc (1995–1996) Dušan Radolský (1996) Vladimír Táborský (1996–1997) Jaroslav Hřebík (1997–1998) Ladislav Škorpil (1998) Stanislav Kocourek (1999) Milan Petřík (1999) Petr Uličný (2000–2003) Leoš Kalvoda (2003) Martin Pulpit (2004) Juraj Šimurka (2004–2005) Oldřich Machala (2008–2009) Václav Kotal (2009–2012) Jiří Plíšek (2012–2013) Luboš Prokopec (2013–2014) Bohuslav Pilný (2014–2017) Karel Havlíček (2017–2018) Zdenko Frťala (2018–2021) Miroslav Koubek (2021–)

Palmarés

Primeira División de Checoslovaquia (1): 1959/60. Copa Checa (1): 1994/95. Segunda División da República Checa (1): 2000/01, 2009/10.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial (en checo).

Categoría:FC Hradec Králové